O BNG demanda explicacións ao alcalde polos cartos e recursos públicos gastados na concentración sobre Peinador

bngVigo, 20 de xuño de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, expresou a preocupación do Bloque pola utilización de cartos e recursos públicos para desenvolver a concentración organizada onte polo PSOE e a utilización partidista feita polo alcalde da institución á que representa. Iolanda Veloso puxo de releve que despois de realizar ese gasto, “a situación de Peinador é a mesma que a de onte”.

Iolanda Veloso expresou o respecto do BNG ás persoas que se participaron onte na “manifestación cidadá”, igual que as mobilizacións que se producen habitualmente nas rúas da cidade como as dos afectados polos desafiuzamentos, en contra das taxas xudiciais ou hoxe mesmo a do sector naval. Porén sinalou que a valoración a respecto do número de participantes correspóndelle ao PSOE, “que foi quen convocou e terá que ver se cumpríu as súas expectativas”.

Porén, para a voceira nacionalista existen diferenzas entre a mobilización celebrada onte e as convocadas por outros colectivos. Segundo sinalou, a organizada onte polo PSOE é comparable coa cabalgata de Reis, ao dispor de cortes de tráfico nas rúas, planos nos medios, e un “importante gasto en publicidade”, con cuñas de radio e anuncios nos medios escritos, así como outros apoios como palco e megafonía.

 

“Posto que estaba o logo do Concello de Vigo deducimos que non paga o PSOE senón que se pagará con cartos públicos. Agardamos que o alcalde explique de onde sairán eses cartos e canto se gastou”, salientou a portavoz municipal do BNG, quen criticou a utilización partidista do Concello por parte do alcalde para facer esa convocatoria.

 

Pleno extraordinario

Sobre o pleno extraordinario sobre Peinador que se celebrará o vindeiro 1 de xullo, Iolanda Veloso considerou que “chega tarde”, en tanto que o seu único punto na orde do día, -a posición da corporación sobre a situación do aeroporto vigués-, é o mesmo que pedíu hai dous meses o BNG e foi rexeitado polo alcalde.

“O BNG ten alternativas para Peinador, e queriamos presentalas en pleno e no Consello Económico e Social pero non tivemos a oportunidade de facelo no Concello”, apuntou a responsable nacionalista, quen destacou que o Bloque si presentou as súas propostas a diferentes colectivos da cidade.

Propostas do BNG

Preguntada polas medidas do Bloque para impulsar Peinador, Iolanda Veloso salientou que Fomento, Aena e a Xunta “teñen que facer o seu traballo” e asumir as súas competencias para potenciar os tres aeroportos galegos desde a complementariedade e no marco dun sistema aeroportuario galego “que sexa competitivo”.

“Hai moitas medidas que se poden tomar pero teñen que tomarse de forma coordinada”, defendeu. Nesta sentido destacou que hai tres liñas que Peinador debe manter e potenciar, como son Madrid, Barcelona e París.

A nacionalista lembrou que as infraestruturas aeroportuarias non son competencias municipais; porén asegurou que desde o Concello tamén hai un traballo que se pode facer, como é a implantación dun centro loxístico en Liñeiriños co obxectivo de potenciar o tráfico de mercadorías, e o desenvolvemento do transporte que conecte co propio aeroporto.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: