Archivo | junio 21, 2013

Concello do Porriño

descarga (1)  UNA EMPRESA METALÚRGICA DE PORRIÑO REALIZA CONTRATACIONES A DIARIO DADA SU IMPLICACIÓN EN DIVERSOS PROYECTOS A NIVEL NACIONAL Y MUNDIAL

El alcalde Nelson Santos visita las instalaciones del Grupo Dizmar en donde actualmente trabajan en la construcción de estructuras para el puente del AVE en Catoira, el nuevo hospital de Vigo, la ampliación de Peinador y un puente en el polígono de Pocomaco en A Coruña. Además, están recibiendo ofertas de ingenierías para trabajar en el extranjero, en donde ya tienen experiencia realizando proyectos en Brasil, Francia, Marruecos y Portugal

Los perfiles demandados son soldadores, caldereros, ingenieros y técnicos de calidad. La empresa colabora con el servicio de Porremprego, teniendo en cuenta a los usuarios de la Bolsa para ocupar los nuevos puestos que se generen a raíz de la carga de trabajo existente .

ESTUDIANTES PORRIÑES RECIBEN UNA SESIÓN INFORMATIVA SOBRE SEGURIDAD VIAL Y PREVENCIÓN DE HÁBITOS NOCIVOS, SUS CAUSAS Y CONSECUENCIAS

120 alumnos de tercero y cuarto de ESO del IES Pino Manso conocieron la utilización de un drogotest, así como a la perra que está adiestrando la Policía Local como guía canina para controles de droga

Desde el Centro de Drogodependencias les expusieron un caso real de una chica de 18 años que acudió in situ a contar su experiencia con las drogas, encontrándose actualmente en proceso de rehabilitación  .

ACTIVIDADES DEPORTIVAS Y DE OCIO COMPARTEN PROGRAMACIÓN EN EL MES DE JULIO EN PORRIÑO

Las concejalías de Igualdad y Servicios Sociales, Educación y Deporte ponen en marcha el campamento “Veciñeando con Lumego” para niños de entre 6 y 12 años 

El próximo miércoles, 26 de junio, es el último día para inscribirse.

ESTUDIANTES PORRIÑES RECIBEN UNA SESIÓN INFORMATIVA SOBRE SEGURIDAD VIAL Y PREVENCIÓN DE HÁBITOS NOCIVOS, SUS CAUSAS Y CONSECUENCIAS

120 alumnos de tercero y cuarto de ESO del IES Pino Manso conocieron la utilización de un drogotest, así como a la perra que está adiestrando la Policía Local como guía canica para controles de droga

Desde el Centro de Drogodependencias les expusieron un caso real de una chica de 18 años que acudió in situ a contar su experiencia con las drogas, encontrándose actualmente en proceso de rehabilitación   

la web www.concellodoporrino.net

AS CONVOCATORIAS DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE TRABALLO PERMITEN A 2.600 GALEGOS ACREDITAR A SÚA EXPERIENCIA LABORAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe en Santiago a entrega das acreditacións oficiais de atención sociosanitaria e confección e mantemento de artes e aparellos
  • A titular do departamento autonómico destacou que “Galicia atópase á cabeza da formación certificable entre todas as autonomías”
  • No acto celebrado hoxe entregáronse os certificados de profesionalidade a 780 galegos
  • Indicou que en 2013 practicamente o 100 por cento das actividades formativas que se están a financiar desde a Consellería están ligadas á obtención dun destes certificados con validez estatal

Santiago, 21 de xuño de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar impulsou desde o ano 2011 catro convocatorias para que os traballadores e traballadoras galegas poidan acreditar a súa experiencia laboral. Esta iniciativa permitiu xa acadar estes certificados de profesionalidade, que contan con validez estatal, a 2.600 galegos, dos que 780 o recibiron hoxe nun acto en Santiago que presidiu a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato. En concreto, entregáronse 368 certificados de atención sociosanitaria no domicilio e 362 en institucións, así como 50 en confección e mantemento de artes e aparellos.

Mato avanzou que o departamento autonómico xa está a traballar na quinta convocatoria desta actuación que se publicará nos próximos meses. “É unha necesidade e un acto de xustiza poñer en marcha un procedemento de avaliación da experiencia profesional que ofreza unha resposta axeitada a estes traballadores”, apuntou Mato, ao tempo que lembrou que estes certificados oficiais non só confirman a profesionalidade dos traballadores galegos, senón que tamén melloran o currículum e as posibilidades de acceder a un posto de traballo.

Así mesmo, a conselleira apuntou que Galicia atópase “á cabeza” da formación certificable. De feito, en 2011, e segundo recordou Mato, a Comunidade converteuse nunha das rexións pioneiras en impulsar este procedemento de recoñecemento da competencia profesional. Ata o momento, nas catro primeiras convocatorias levadas a cabo, foron admitidos e seleccionados neste proceso preto de 5.000 traballadores. O 85 por centos dos que se presentaron á fase de asesoramento e avaliación conseguiron o certificado completo.

Ademais, máis de 30.000 galegos recibiron formación certificable nos últimos catro anos e neste ano practicamente o 100 por cento das actividades formativas que se están a financiar desde a Consellería están ligadas á obtención dun destes certificados. Neste senso, a titular de Traballo sinalou que os cursos de formación para persoas desempregadas contan cun orzamento de máis de 40 millóns de euros dos que se poderán beneficiar 14.000 persoas. Por último, Mato referiuse a que a formación que se está impartir non só é de “máxima calidade”, senón que está orientada ás demandas reais do mercado laboral actual, dando prioridade ás familias profesionais e especialidades que constitúen xacementos de emprego

Concierto de Exile el sabado 22 de junio a las 22:30 en La Pecera

descarga

Concierto de “Exile” el sabado 22 de junio a las 22:30 en La Pecera ( Pizarro, 35). Entradas 2 €.

La formación viguesa Exile ofrecerá este sábado en La Pecera un concierto en el que interpretarán una selección de versiones acústicas de clásicos del rock, así como de temas propios.”

O SÁBADO 22 DE XUÑO, CONCERTO DE GUERRERA EN DETRÁS DO MARCO

Vigo, 18 de xuño de 2013. O sábado 22 de xuño (20:30 horas) actuará na

terraza de Detrás do Marco (r./ Londres s/n) o grupo galego “Guerrera”
(entrada libre).

GUERRERA formouse en 2009 para aventurarse en terreos tales como o
blues de pantano, o rock psicodélico, a experimentación e a filosofía setentera
ofrecida cunha pegada sen parangón. Especialistas en duelos de guitarras, sós
de harmónica e transos hipnóticos.

Os seus membros – Alejandro Canoura á guitarra e voz, Hugo Santeiro é
guitarrista, Álvaro Gallego touca o baixo, Luis Casanova dalle á batería- tocan
ou fixérono en Holywater, Ictus, Cuzo… Guerrera acaba de gravar “UNDER
THE GYPSY SUN”, o seu primeiro LP en directo. Deste primeiro disco editaron
300 copias en formato vinilo cun artwork feito en serigrafía.
Entrada libre

 

 

 

 

O DOG PUBLICA AS AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS, INCORPORACIÓN DE MOZOS E FOMENTO DO USO DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS EN COMÚN

 Esta convocatoria conta cunha dotación inicial de 9 millóns de euros que poderán incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma

Santiago, 21 de xuño de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as axudas para a modernización das explotacións agrarias, a incorporación de mozos á actividade agraria e o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo para o ano 2013.

Estas axudas, que están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, teñen como obxectivo a modernización das explotacións agrarias que acrediten a súa viabilidade económica, que cumpran as normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais e nas cales a persoa titular teña a capacidade e competencia profesionais adecuadas.

Esta convocatoria conta cunha dotación inicial de 9 millóns de euros (5 millóns para plans de melloras, 2 millóns no caso da incorporación de mozos á actividade agraria e os 2 millóns restantes para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común), os cales poderán incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma. O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 22 de xullo.

Beneficiarios
No caso das axudas aos plans de melloras e á incorporación de mozos poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas titulares de explotacións agrarias ou que pretendan selo. No que atinxe ás subvencións para fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común, os beneficiarios poderán ser as cooperativas agrarias, as súas unións, e as cooperativas de explotación comunitaria da terra. E sempre que en todos os casos cumpran cos requisitos recollidos nas bases reguladoras da orde.

O obxectivo das axudas para incorporación de mozos é asegurar a competitividade das explotacións agrarias e a continuidade do tecido agrario. As referidas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común teñen como obxectivo subvencionar proxectos cun marcado carácter innovador que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades beneficiarias e que promovan o aumento da rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas.