PP de Vigo

El PP presenta una reclamación al expediente de  la amortización de deuda, en la que reitera la exigencia al gobierno municipal de no acudir a más préstamos y de bajar los impuestos

  • El expediente presenta errores en la cuantificación de ahorro, ya que no coinciden las cantidades de ahorro que anuncia la concejala de Hacienda, Raquel Díaz con las del interventor.
  • “No está justificada la urgencia en el expediente, ya que no se explica la premura del gasto, ni la imposibilidad de demorarlo para el ejerció siguiente”, afirmó el concejal del Grupo Municipal del Partido Popular, Miguel Fidalgo 
  • Vigo es el Concello donde más crece la deuda en los últimos años, “la amortización es necesaria, pero el alcalde tiene que tener en cuenta nuestras exigencias, esto no es un cheque en blanco”, remarcó el edil del PP
  • “Además de la bajada de impuestos y el compromiso a no acudir a más préstamos, el gobierno también deberá destinar la cantidad que se ahorre en el ejercicio del 2013 a partidas de programas sociales”, subrayó Fidalgo.

Reclamación al expediente de la amortización de deuda municipal

Grupo Municipal do Partido Popular
Concello de Vigo

Excmo. Sr. D. Abel Caballero Álvarez.
Alcalde-Presidente do Concello de Vigo.
Vigo, a 21 de xuño de 2013
Miguel Fidalgo Iglesias, Concelleiro do Grupo Municipal Popular, ao abeiro do
do disposto nos artigos 177, apartado 2, e 169 do Real Decreto Lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais, presenta a seguinte reclamación á proposta
aprobada no Pleno da Corporación Municipal de Vigo de data 27 de maio de
2013, contida no expediente “Aprobación inicial da modificación orzamentaria
nº 22/2013, Suplemento de crédito, para facer fronte á amortización
extraordinaria dos préstamos concertados nos anos 2011-2012. Expte.
102161/140”

Exposición de motivos
Como Grupo Político Municipal consideramos que esta reclamación debe ser
sometida a consideración polo Pleno xa que estamos nun “acto de instrucción”
e non de impugnación, que moralmente o Goberno debe asumir, e que á
oposición moralmente lle lexitima para o voto negativo se non se aceptan as
súas propostas.
Nos últimos anos de goberno socialista desta corporación se incrementou
exponencialmente o endebedamento ó ter contratado dende 2008 máis de 77
millóns de euros en novos préstamos que están a supoñer unha carga
importante de custos en xuros e devolución do principal para o orzamento
municipal.
O Grupo Municipal do Partido mostra o seu desexo de acadar un diálogo co
goberno municipal que inequivocamente traslade o beneficio desta proposta
aos veciños da cidade a través dunha contención na carga impositiva que se
está a aplicar aos vigueses. Isto é, converter o aforro que representaría para o
Concello a aprobación da modificación de crédito nunha rebaixa efectiva nos
principais impostos que recada a facenda municipal.
Aínda así, o Grupo Municipal do Partido Popular plantexa as seguintes
reclamacións:
1. O artigo 177 do TRLRHL comeza dicindo: “Cuando haya de realizarse un
gasto que no pueda demorarse hasta el ejercicio siguiente………..se
ordenará………..expediente suplemento de crédito”.

A xuízo do Grupo Municipal do Partido Popular este requisito non está
motivado nin explicitado claramente en ningún documento do
expediente, nin no Decreto de incoación nin na proposta da Concelleira,
polo que consideramos que se está a incumprir o artigo 170.2.a)
TRLRHL, xa que non se motiva a urxencia do gasto e a imposibilidade de
demoralo para o exercicio seguinte.

A consideración de que canto antes se leve adiante este expediente máis
aforro se conseguirá ao non tener que pagar maiores intereses, non
xustifica a falla de transparencia sobre cal vai a ser o destino real dese
aforro.

Así o Grupo Municipal do Partido Popular considera que a urxencia do
expediente debe ser claramente explicitada no mesmo, xustificando
ademais nun acto de transparencia a vontade política de destinar todo o
aforro obtido no orzamento de 2014 coa amortización anticipada dos
préstamos anteriormente descritos a unha minoración da carga fiscal que
o Concello aplicaría aos vigueses na aprobación das ordenanzas fiscais
para o ano 2014, de xeito que se traduza nunha rebaixa efectiva dos
impostos, taxas e prezos públicos que pagan os vigueses, especialmente
adicada ao Imposto de Bens Inmobles, Imposto de Vehículos de Tracción
Mecánica, Taxa pola recollida do lixo, Taxas por subministración de auga
potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas
residuais, así como ás tarifas do transporte urbano colectivo.

Ademais o Grupo Municipal Popular propón coa mesma argumentación
anterior que o goberno explicite o destino do aforro que se obtería en
xuros para o presente exercicio, aínda que a aplicación do mesmo deba
ser obxecto da aprobación dunha transferencia de crédito posterior,
garantindo o destino do aforro a partidas da función 2310-Acción Social.
2. No expediente ao que reclamamos se detectan erros na cuantificación do
aforro que suporá para a facenda municipal esta amortización nos
exercicios vindeiros, xa que o informe do intervención de data 22 de abril
de 2013 o cuantifica en 3.527.454,87 € (páx. 6 do informe), mentres
que o Decreto da Alcaldía de data 19 de abril de 2013 cuantifica o aforro
en 4.364.738,62 € (páx. 2 do decreto), o cal representa una diferenza
sustancial respecto ao manifestado polo interventor municipal. Non
queda claro por tanto o aforro xerado por este Plan nin neste exercicio
nin no futuro.

Neste sentido o artigo 105 da Lei 30/1992 de 26 de decembro do Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo
GRUPO MUNICIPAL POPULAR – CONCELLO DE VIGO Praza do Rei, 1 – Planta 8ª 36202 VIGO
Tfnos. 986 810 142 – 986 810 292 Fax 986 228 967 ofi.pp@vigo.org

Común baixo o título de “Revocación de actos y rectificación de errores”
di no seu su apartado segundo: “Las Administraciones públicas podrán,
asimismo, rectificar en cualquier momento, de oficio o a instancia de los
interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos existentes en
sus actos”.

En virtude do exposto o Grupo Municipal do Partido Popular considera
que debe ser corrixida a citada discrepancia na cuantificación do aforro
obtido pola amortización antes de someter a aprobación o citado
expediente.

En base ao anteriormente exposto o Grupo Municipal do Partido
Popular solicita:

Que se teña por presentada a seguinte reclamación e que se
incorporen ao expediente as devanditas reclamacións antes da
aprobación definitiva do expediente “Aprobación inicial da
modificación orzamentaria nº 22/2013, Suplemento de crédito, para
facer fronte á amortización extraordinaria dos préstamos concertados
nos anos 2011-2012. Expte. 102161/140”.

En Vigo a 21 de xuño de 2013

Asdo. Miguel Fidalgo Iglesias.
Concelleiro do Grupo Municipal Popular.
GRUPO MUNICIPAL POPULAR – CONCELLO DE VIGO

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: