A POLICÍA AUTONÓMICA DETÉN A CATRO PERSOAS COMO PRESUNTAS AUTORAS DE INCENDIOS FORESTAIS EN OURENSE, CASTRELO DE MIÑO E REDONDELA

  • No que vai de ano, son 56 as persoas detidas ou imputadas pola Policía Autonómica coma presuntas autoras de incendios forestais

Santiago, 24 de xuño de 2013.- A Policía Autonómica vén de informar da detención de catro persoas, como presuntas autoras de incendios forestais nos concellos da Ourense, Castrelo de Miño e Redondela.

No primeiro caso, membros da Policía Autonómica en Ourense procederon á imputación de dúas persoas como presuntas autoras de dous incendios forestais diferentes o pasado día 14 na Cidade das Burgas; un no lugar do Cumial e outro na parroquia de Cudeiro.

En ambos casos tiveron que participar os servizos de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia e no de Cumial, os do Concello de san Cibrao das Viñas. Por estes feitos, tramitáronse as correspondentes dilixencias que foron remitidas en ambos casos ao Xulgado de Instrución nº3 de Ourense.

Incendio en Castrelo de Miño

Pola súa banda, os axentes ourensáns tamén informaron da detención dun veciño de Castrelo de Miño, como presunto autor dun incendio forestal o pasado 14 de xuño pola tarde e no que tamén foi necesaria a actuación do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta para a súa extinción. As dilixencias instruíronse No Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribadavia.

Detida en Redondela

Pola súa banda, a Policía Autonómica da Xefatura Local de Vigo imputou a unha muller como presunta autora dun incendio forestal o pasado día 12 de xuño no concello de Redondela. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado nº2 de Redondela.

Nos catro casos, o lume foi consecuencia de imprudencias na realización de escapes de queima de restos forestais nas que non se tiveron en conta as medidas de seguridade preceptivas para este tipo de prácticas.

No que vai de ano, son 56 as persoas detidas ou imputadas pola Policía Autonómica coma presuntas autoras de incendios forestais

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: