Archive | junio 26, 2013

LOUZÁN ANIMA AOS ALCALDES A APOSTAR POLA EFICIENCIA ENERXÉTICA PARA “REDUCIR O CUSTE QUE SUPÓN O MANTEMENTO DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS”

  • Mañá inícianse na Escola de Canteiros as xornadas formativas sobre certificación enerxética dirixidas a técnicos municipais
  • Só coas reformas realizadas en Príncipe Felipe, a Deputación Provincial aforrará uns 100.000 euros ao ano en enerxía

O presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, animou esta tarde aos alcaldes e alcaldesas da provincia a apostar pola eficiencia enerxética, para reducir o consumo “e, en consecuencia, o custe que cada día nos supón manter os edificios municipais”.

Na presentación das xornadas que a Administración provincial pon en marcha para formar a técnicos municipais nos procedementos de certificación enerxética, Louzán lembrou que os estudos do INEGA indican que o gasto medio que os concellos da provincia realizan en enerxía ascende a 13 € por habitante e ano, o 6,8% do orzamento dedicado a bens e servizos. Unha cifra, dixo, elevada e que pode reducirse notablemente con medidas de aforro enerxético “para contar con edificios máis sostibles, en beneficio tanto das arcas públicas como do medio ambiente”. Leer Más…

CEI da Xunta de Galicia

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTACA A TRAXECTORIA INNOVADORA DA EMPRESA DE NIGRÁN MARINE INSTRUMENTS COMO CHAVE DO SEU CRECEMENTo

O director da Axencia Galega de Innovación asistiu á presentación da nova sede da compañía pontevedresa, líder mundial na fabricación de boias satelitarias para o sector do atún

A empresa, que celebra o seu décimo aniversario, aproveitou varios instrumentos de financiamento habilitados pola Xunta para mellorar a súa competitividade.

descarga (12)  CATRO ARTESÁNS GALEGOS EXPOÑEN OS SEUS TRABALLOS NO MUSEO DO TRAXE DE MADRID CO APOIO DA FUNDACIÓN DE ARTESANÍA

  Elena Ferro, Isaac Romero, Naín Rodríguez e Mario Rodríguez Oca amosan os seus proxectos finais do Máster de Deseño en Pel dirixido por Enrique Loewe, no que participaron co respaldo da Consellería de Economía e Industria

Con esta acción formativa avánzase no obxectivo de mellorar as técnicas dos artesáns galegos, incidindo especialmente no deseño, a innovación e a aplicación de novas tecnoloxías.

 

 

GRAN ACTUACION DEL E.D.VIGO2015 EN EL CAMPEONATO DE ESPAÑA JUVENIL.

descarga (11)  Después de haber conseguido el Titulo Nacional alevín en Torrevieja alicante, el E.D.Vigo2015 afrontó este fin de semana en León su segundo Campeonato de España de Futbol sala en esta temporada.

El equipo juvenil estaba compuesto por Manu y Javier como porteros y jugadores de campo Modesto, Xoan, Tomas, Huarte, Mario, Miguel, Kike, Juan, Brais y el capitán Ángel, como entrenador Lucas Fernandez y Javi Hernandez como ayudante.
El primer partido el equipo vigués empató a un gol ante el Madroñeras Campeón de Caceres, en un complicado partido después de un duro viaje, el segundo partido los vigueses ya mas descansados vencieron al E.D.Tierno Galván por 2-0 con este resultado se jugaban el titulo ante el equipo andaluz del Jerez 93, el partido estuvo controlado hasta el minuto 15 de la primera parte con  1-1 en el marcador pero ya con 5 faltas acumuladas llegó el primer doble penalti que puso por delante a los jerezanos, un pequeño desconcierto en los últimos minutos de la primera parte hizo que el Jerez se fuese al descanso con 4-1, con la mala suerte que nada mas empezar se puso 5-1 y complicaba el partido a los vigueses. Arriesgando con portero jugador hasta el final que acabaría con el resultado de 10-3 a favor del conjunto andaluz que muy merecidamente se hizo con el Campeonato de España.
JORNADA DE CAPTACION.
Este miércoles 26 desde las 18:30 el equipo vigues realizará jornada de captación de jugadores nacidos en los años 1999 hasta el 1995 para los equipos Cadete Autonómico y Juvenil de Liga Nacional que debutará la próxima campaña todos aquellos que quieran entrenar se tienen que presentar el el Frontón de Traviesas con ropa de juego o llamar al 886138535 donde se les informará.

Conciertos “La Estrella” Island Club – Vigo

descarga (10)
este Jueves 27 de Junio:
 WLADY PAZ con su banda
y el artista: DJ FG PRODUCER
y en primicia el extreno de sus video clips
+INFO WLADY PAZ: EL CONCIERTO MEZCLA RITMOS DE LATIN POP,  POP-ROCK ESPAÑOL, BOSSA, LATIN JAZZ ,FUNKY Y ALGO ELECTRONICO ( MUSICA DE AUTOR Y COMERCIAL) CABE DESTACAR QUE HE TENIDO LA OPORTUNIDAD DE PRESENTARME EN PAISES COMO HOLANDA, ALEMANIA E INGLATERRA INCLUYENDO ESPAÑA Y EN FESTIVALES COM EL WOMAD ( CANARIAS) Y HEINEKEN ,CON GRAN ACEPTACION; AL IGUAL Q EN EL CAFE DE LOS 40 PRINCIPALES DE MADRID. 
DE LOS MUSICOS Q ME ACOMPAÑAN, TENGO PRESENCIAS INTERESANTES Y DE RENOMBRE YA Q SON DE PRIMERA LINEA Y HAN TRABAJADO CON ARTISTAS IMPORTANTES COMO:  FRANCO D VITA, CHILA LYNN, , CARLOS VIVES, GUSTAVO ALMEIDA, ENTRE OTROS
TAMBIEN COMO COMPOSITOR ME HAN GRABADO TEMAS, ARTISTAS ESPAÑOLES CONOCIDOS Q PERTENECEN A LOS 40 PRINCIPALES , CADENA 100 Y LOS CULES PODEMOS INTERPRETAR EN DIRECTO YA Q POSEO LOS DERECHO DE LOS MISMOS
Apertura de puertas: 22:00, inicio: 23:00 h.
Entrada: 5 euros con consumición mínima

Alcalde de Vigo sobre a situación do naval

Vigo, 25 de xuño de 2013.- Con respecto á posibilidade de que o sector naval teña que
devolver as bonificacións fiscais desde 2005, o alcalde de Vigo ratifica a importancia de
facer un frente común en Bruxelas nesta situación “gravísima”, en defensa da industria
galega e española porque esta decisión suporía a fin dos estaleiros. O alcalde amosa a gran
preocupación que ten desde que o comisario da Competencia, Joaquin Almunia, lle
confirmara esta posibilidade, e avanzou o “rexeitamento total” do Partido Socialista a esta
hipotética resolución europea. Neste mesmo senso, congratulouse de que o ministro de
Industria, José Manuel Soria, tamén lle transmitira a súa oposición a esta devolución.
Caballero, quen tamén está en conctacto cos sindicatos, criticou a pasividade da Xunta neste
grave conflito.

Abel Caballero
Alcalde de Vigo

ROSA QUINTANA DESTACA O PARALELISMO ENTRE O CES E GALICIA NA DEFENSA DA DIMENSIÓN SOCIOECONÓMICA DA POLÍTICA COMÚN DE PESCA

A conselleira do Medio Rural e do Mar clausurou en Vigo a xornada de presentación do informe do Consejo Económico y Social sobre a reforma da Política Pesqueira Común

    Entre os aspectos nos que coinciden, a conselleira destacou a positividade de acadar un Rendemento Máximo Sostible para as especies e a flexibilidade concedida nos prazos para acadalo

Tamén salientou a oposición ao mal chamado principio de estabilidade relativa e a intención da Xunta de levar esta cuestión aos tribunais en caso necesario

Nos aspectos sociais a conselleira sinalou que o informe do CES coincide coa proposta de Galicia na importancia da formación náutico-pesqueira.

O BNG amosa a súa solidariedade coas persoas xulgadas en TUI pola súa actuación na Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes do Baixo Miño

descarga (9)  O Bloque Nacionalista Galego manifesta o seu apoio e solidariedade con Xulio Vicente e Juan Fernández, xulgados hoxe nos tribunais de Tui por presunta desobediencia durante as protestas que a Plataforma de Afectados veñen realizando dende hai meses.

Estas persoas estafadas con Participacións Preferentes foran acusadas pola Policía Local de Tui por presuntos insultos a un axente durante unha das protestas que a Plataforma de Afectados realizou en Tui.

Dende o BNG considérase inaceptable que as vítimas da maior estafa perpetrada no noso país se teñan que ver sentadas no banco dos acusados mentres os estafadores permanecen impunes. Resulta triste ver a celeridade coa que se denuncia as vítimas que están reclamando o que lles roubaron fronte a permisividade que se está a ter cos verdadeiros estafadores das preferentes, afirman dende a organización nacionalista.

 

O Bloque Nacionalista Galego mantén que a prioridade neste momento debe ser procurar unha solución para que as persoas estafadas recuperen o que lles roubaron en lugar de apresurarse a denunciar por uns presuntos insultos ás persoas estafadas, para as que o propio fiscal pediu a libre absolución segundo se puido saber ao remate do xuízo.

 

Até as portas do xulgado achegáronse diversos representantes do BNG como Bieito Lobeira, Secretario de Organización do BNG, Xosé Manuel Méndez, Responsábel Comarcal no Baixo Miño ou Uxío Benítez, Tenente Alcalde de Tomiño entre outros, para amosar persoalmente a súa solidariedade co colectivo de afectados e afectadas.

 

Viana do Castelo acoge mañana el Foro del Mar donde se debatirá la estrategia Marítima del Eixo Atlántico

Medio centenar de expertos, empresarios, representantes de la Comisión Europea y de los gobiernos de Portugal y de Galicia debatirán sobre la logística y transportes marítimos

Viana do Castelo, 25 de junio de 2013.- Viana do Castelo acoge mañana, miércoles, 26 de junio, el Foro del Mar, donde medio centenar de expertos, empresarios, representantes de la Comisión Europea y de los gobiernos de Portugal y de Galicia debatirán sobre la logística y transportes marítimos.

La situación de crisis en que nos encontramos establece como primera prioridad la creación de empleo a través del impulso y la actividad empresarial y económica. El Fórum Marítimo del Eixo Atlántico afrontará tanto la vertiente empresarial como de la administración: la de los empresarios, como generadores de actividad económica que cree empleo, y la de las administraciones públicas, como los agentes para favorecer las condiciones para crearlo.

El Fórum Marítimo incidirá sobre la logística y transportes marítimos. Las conclusiones extraídas de este Foro serán posteriormente defendidas junto con los gobiernos nacionales de España y Portugal y de la Comisión Europea, como una sola voz.

El Foro se celebrará en el Hotel Flor da Sal de Viana do Castelo (Avd. Cabo Verde, 100. Praia Norte, Viana do Castelo-Portugal)

Entre los ponentes estarán, João Fonseca Ribeiro, Diretor-Geral de Política do Mar del Gobierno de Portugal; José Antonio Ruiz de Casas,  de la DG Regio de la Comisión Europea; Fernando González Laxe, como responsable de la Agenda Marítima do Eixo Atlântico; He Ding, consejera económica de la Embajada de China en Portugal o Juan Martínez,  Director-general de la empresa VascoGallega.

 

O PROXECTO DA LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL, QUE ARTICULARÁ UNHA NOVA RISGA, AVANZA NA SÚA TRAMITACIÓN PARLAMENTARIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe esta normativa no debate da totalidade do texto
  • Unha das súas principais novidades é que porá en marcha unha nova RISGA (Renda de integración social de Galicia), que pasará a ser flexible para adaptarse a cada caso
  • Establecerá, por primeira vez, a compatibilidade desta prestación cos accesos parciais a determinados traballos, co fin de incentivar o acceso a un emprego
  • Promoverá as sinerxias entre os servizos sociais e de emprego, co fin de dotar ás persoas dun itinerario de inserción laboral coherente e único Leer Más…

Acto Orgullo LGTB 2013 do PSOE de Vigo

descarga (8)

LGTB do PSdeG de Vigo leva a cabo diferentes accións en coordinación co grupo federal en defensa dos dereitos LGTB.

O  28 de Xuño, é o Día Internacional do Orgullo LGTB e dende a Agrupación local de Vigo queremos continuar a traballar en prol da visibilidade e normalización do colectivo, liderando o movemento e progreso de cara á equidade plena de dereitos na sociedade.

Hoxe, día  25 de xuño leuse por parte da representante do PSOE no Consello Municipal de Igualdade e Secretaria de Movilización da Agrupación Local de Vigo, Josefina Silva Rego; a Concelleira Isaura Abelairas Rodríguez e o Coordinador do grupo LGTB “7 Cores” do PSdeG de Vigo, Jose Ángel Santoro Estévez, o manifesto reivindicativo con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTB (Manifesto que enviamos adxunto).

Tras a lectura procedeuse o izamento da bandeira LGTB no balcón da Sede da Agrupación Local de Vigo e que se manterá durante toda la semana.