O BNG amosa a súa solidariedade coas persoas xulgadas en TUI pola súa actuación na Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes do Baixo Miño

descarga (9)  O Bloque Nacionalista Galego manifesta o seu apoio e solidariedade con Xulio Vicente e Juan Fernández, xulgados hoxe nos tribunais de Tui por presunta desobediencia durante as protestas que a Plataforma de Afectados veñen realizando dende hai meses.

Estas persoas estafadas con Participacións Preferentes foran acusadas pola Policía Local de Tui por presuntos insultos a un axente durante unha das protestas que a Plataforma de Afectados realizou en Tui.

Dende o BNG considérase inaceptable que as vítimas da maior estafa perpetrada no noso país se teñan que ver sentadas no banco dos acusados mentres os estafadores permanecen impunes. Resulta triste ver a celeridade coa que se denuncia as vítimas que están reclamando o que lles roubaron fronte a permisividade que se está a ter cos verdadeiros estafadores das preferentes, afirman dende a organización nacionalista.

 

O Bloque Nacionalista Galego mantén que a prioridade neste momento debe ser procurar unha solución para que as persoas estafadas recuperen o que lles roubaron en lugar de apresurarse a denunciar por uns presuntos insultos ás persoas estafadas, para as que o propio fiscal pediu a libre absolución segundo se puido saber ao remate do xuízo.

 

Até as portas do xulgado achegáronse diversos representantes do BNG como Bieito Lobeira, Secretario de Organización do BNG, Xosé Manuel Méndez, Responsábel Comarcal no Baixo Miño ou Uxío Benítez, Tenente Alcalde de Tomiño entre outros, para amosar persoalmente a súa solidariedade co colectivo de afectados e afectadas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: