O PROXECTO DA LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL, QUE ARTICULARÁ UNHA NOVA RISGA, AVANZA NA SÚA TRAMITACIÓN PARLAMENTARIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe esta normativa no debate da totalidade do texto
  • Unha das súas principais novidades é que porá en marcha unha nova RISGA (Renda de integración social de Galicia), que pasará a ser flexible para adaptarse a cada caso
  • Establecerá, por primeira vez, a compatibilidade desta prestación cos accesos parciais a determinados traballos, co fin de incentivar o acceso a un emprego
  • Promoverá as sinerxias entre os servizos sociais e de emprego, co fin de dotar ás persoas dun itinerario de inserción laboral coherente e único

Santiago, 25 de xuño de 2013.- O proxecto da nova Lei de inclusión Social avanzou hoxe un paso máis na súa tramitación parlamentaria. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe na Cámara galega esta normativa durante o debate da totalidade do texto.

 

Este proxecto, que foi ratificado como un acordo do diálogo social, ten entre as súas principais novidades a posta en marcha dunha nova Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Será flexible e modular, para adaptarse en cada caso e vincularase ao emprego, xa que a “verdadeira inclusión pasa por unha integración social e laboral plena”, subliñou Mato. Para conseguilo, entre outras modificacións, a RISGA dividirase a partir de agora en tres tramos: o persoal e familiar; o de inserción; e o de transición ao emprego.

 

Outra das modificacións principais da RISGA que propón este texto é que esta prestación sexa por primeira vez compatible co aceso parcial a determinados traballos. O obxectivo é que as persoas non renuncien á realización dun traballo ou recorran á economía sumerxida. Actualmente, cando accedían a traballos de ingresos inferiores á prestación, descontábanse estes ingresos.

 

Ademais, para seguir avanzando na inclusión laboral e evitar a cronificación da exclusión, vanse reforzar tamén as sinerxias entre a área de inclusión social e a de emprego para crear un itinerario de inserción “único e coherente”.

 

Este reforzamento dáse, fundamentalmente, por dúas vías: no que se refire á prestación, outorgarase ao beneficiario unha contía a maiores se cumpre un itinerario de inserción laboral; e, pola súa banda, as oficinas de emprego e o persoal de orientación pasarán a xogar un papel decisivo neste dispositivo.

 

Todas estas medidas tómanse, segundo explicou Mato, porque este proxecto de Lei contempla aos beneficiarios non como os meros perceptores dun subsidios, senón como suxeitos capaces de superar esas situacións, aos que hai que motivar, incentivar e apoiar para que o fagan.

 

Así, considerou que é unha Lei “tan importante como necesaria: importante porque nace co obxectivo de converterse nun verdadeiro instrumento de inserción social; e necesaria porque busca dar resposta ao incremento da vulnerabilidade social e evitar a cronificación destas situacións”.

 

Outro aspecto que introduce a nova normativa é a modificación das Axudas de emerxencia social (AES), que agora pasan a denominarse Axudas de inclusión social (AIS) e que financiarán outros aspectos, a maiores do que viñan facendo ata o momento. Así, ademais de sufragar situacións de grave emerxencia, financiarán tamén actuacións de acompañamento ou reforzarán medidas de apoio dos diferentes tramos da RISGA.

 

Recordou tamén a aposta pola inclusión social, a través do incremento das partidas destinadas a este fin. Neste ano 2013 incrementouse o orzamento da RISGA nun 50 por cento, ata acadar os 35,3 millóns. Destacou tamén que esta partida é ampliable. Tamén se incrementou o orzamento das AES nun 50 por cento con respecto ao ano pasado, ata os 4,5 millóns

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: