Concello de Vigo
Caballero indica que o Goberno de España eloxia o plan de amortización de débeda do Concello |
O alcalde de Vigo reitera a necesidade de facer unha «fronte común» para evitar o «enterro do naval» |
Caballero destaca a automoción como exemplo dun sector capaz de combater a crise en Vigo |
Comeza o Festival de Jazz de Vigo IMAXINASONS |
Xunta de Goberno Local![]() |
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo![]() |
A FUNDACIÓN CETMAR PRESENTA O VINDEIRO VENRES A RUTA MARÍTIMA ENTRE VIGO E VIANA DO CASTELO DESEÑADA NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO PROAMARE
- Realizarase unha viaxe piloto na goleta Nieves que cubrirá parte do traxecto entre o peirao de Bouzas e Baiona
Vigo, 26 de xuño de 2013.- O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR presenta este venres 28 de xuño unha ruta marítima entre Vigo e Viana do Castelo deseñada no marco do proxecto europeo PROAMARE, cuxa finalidade é a recuperación do patrimonio marítimo e a súa posta en valor como reclamo turístico.
Durante esta xornada, que dará comezo ás 10:00 horas na sede da Fundación CETMAR en Bouzas, os asistentes poderán coñecer de primeira man as características desta ruta e participar nunha viaxe piloto a bordo da goleta Nieves, que cubrirá unha parte do traxecto entre Vigo e Baiona.
Antes de embarcar no peirao de Bouzas, os asistentes desprazaranse ao Museo do Mar de Galicia en Alcabre para asistir a un relatorio sobre o proxecto PROAMARE e a unha ruta guiada polas instalacións do centro. A continuación os asistentes volverán a Bouzas onde embarcarán na goleta Nieves que partirá ás 12:00 horas cara Baiona. A chegada a esta vila está prevista arredor das 14:15 horas, cando terá lugar o regreso a Vigo en autobús.
Proxecto PROAMARE
Converter o patrimonio marítimo nun reclamo turístico é un obxectivo cada vez máis en auxe por canto se trata dunha acción que favorece a diversificación da actividade económica especialmente das comunidades costeiras e, ao mesmo tempo, garante a valorización e o mantemento óptimo deses bens materiais ou inmateriais a conservar.
Con ese fin veñen traballando as institucións implicadas no proxecto PROAMARE, como é o caso de, ademais da Fundación CETMAR, a Deputación de Pontevedra, a Cámara Municipal de Caminha, a Fundaçao Gil Eannes e o CIM Alto Minho.
Este terceiro e último concerto do Ciclo de 2013 estivo precedido por AcadaCanto o pasado venres 7 e Sérgio Tannus Trio, o 14 de xuño. Malia a que a entrada ao concerto é gratuíta, as persoas que asistan poden colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro
Angeles Caso e Manuel Darriba gañan os premios de xornalismo da Fundación Novacaixagalicia e o Ámbito Cultural do Corte Inglés
O premio Julio Camba e o Fernández del Riego de xornalismo, convocados pola Fundación Novacaixagalicia e o Ámbito Cultural do Corte Inglés, distinguiron hoxe respectivamente a Angeles Caso polo seu artigo titulado «Lo que quiero ahora», publicado en El Magazine o 22 de xaneiro de 2012 e a Manuel Darriba polo texto «Grises» aparecido en De luns a venres o 4 de setembro de 2012. O artigo de Caso con move e chama á vida, á sinxeleza das cousas pequenas, á humildade e á liberdade. Así mesmo, o artigo gañador do Fernández del Riego asinado por Darriba fai unha chamada de atención sobre o tratamento mediático da crise reclamando que se deteñan sobre as persoas.
Un cirujano pediátrico español viaja desde hace cuatro años a hospitales en África del Oeste para operar a niños sin recursos junto a la Orden de San Juan de Dios
‘Música nos Tilos’ 2013 remata co concerto de Narf este venres
Fran Pérez, Narf, pecha o ciclo de concertos ‘Música nos Tilos’. Será este venres 28 de xuño ás 22:30 na Biblioteca dos Tilos e con entrada de balde cando poidamos gozar dos temas deste grande artista, que repasará as mellores pezas da súa carreira e interpetará algunhas inéditas, que proximamente prevé incluir nun novo traballo.
Narf fará un concerto recopilatorio este venres nos Tilos. Poderemos escoitar unha selección dos mellores temas da súa traxectoria ademais dalgúns inéditos, que prevé incluir nun novo disco. Será ás 22:30 horas e con entrada de balde -aínda que se pode colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro- cando poderemos escoitar . A actuación enmárcase no ciclo ‘Música nos Tilos’ que organiza o Concello de Teo e promove Imperdible Servizos Culturais.
Compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro. Publicou tres discos baixo nome artístico de NARF, Aló irmao, Totem e Narf directo en Compostela. Músico multidisciplinar, recentemente participa tamén como actor na montaxe do CDG A Ópera dos Tres Reás, de Bertold Brecht e Kurt Weill, protagonizada por Luís Tosar, ademais de ter sido un dos fundadores da Sala Nasa, entre outros proxectos.
Música nos Tilos
Ano a ano e desde fai catro, o Concello de Teo programa cada mes de xuño unhas “propostas íntimas e de calidade”, con pequenas e medianas formacións pero de calidade, para que o público dos Tilos e quen se queira achegar ata a Biblioteca poida desfrutar dun concerto “como se estivese no salón da súa casa, xa que se crea un espacio íntimo e cercano”, din desde Imperdible Servizos Culturais, entidade organizadora.
Este terceiro e último concerto do Ciclo de 2013 estivo precedido por AcadaCanto o pasado venres 7 e Sérgio Tannus Trio, o 14 de xuño. Malia a que a entrada ao concerto é gratuíta, as persoas que asistan poden colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro
KIKE DEL E.D.VIGO2015 AL SANTIAGO FUTSAL.
EL jugador del E.D.Vigo2015, Kike Gómez, ha fichado por el Santiago Futsal, equipo de la Primera Division Nacional de Fútbol Sala. Es el tercer jugador que el equipo vigués aporta al equipo compostelano, la temporada anterior fueron el portero Alberto y el ala-pivot Samuel que este año continuarán en la disciplina del Santiago, dentro del convenio de colaboración que mantienen ambos clubs y que a parte de la cesion de jugadores del equipo vigues tambien están otros como la formación de jugadores y entrenadores, campus, etc.
ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
Galaxia preparou un completo programa no que sobrancean concertos diarios dos principais grupos de música infantil en galego
Este venres dá comezo nos xardíns da Alameda de Vigo a Feira do Libro, para a que a Editorial Galaxia preparou un completo programa de actos nos que sobrancea a Semana da Música Infantil que, dende o luns 1 ao venres 5, ás 20 horas, ofrecerá de balde ao público asistente, concertos dos principais grupos e solistas da música infantil galega.
Deste xeito, o luns 1 será o grupo Mamá Cabra quen subirá ao escenario para ofrecer o espectáculo titulado ‘Ola, ola, la!’. O martes, será a oportunidade de Magín Blanco que levará ás táboas o seu programa ‘A nena e o grilo nun barquiño’. ‘Animais enCantadores’ é o nome escolleito por Susa Herrera para o mércores. O xoves, Uxía agasallará a todos e a todas con cancións do traballo ‘María Fumaça’ baixo do título xenérico de ‘Cantaruxa coa bruxa Maruxa’. Pecharán de novo Mamá Cabra, o venres, co espectáculo ‘Bicos de música’.
Ademais desta ampla oferta para o público infantil e familiar, a Editorial Galaxia completa a súa programación cunha ampla oferta de actos literarios e unha caseta que será tamén salón social no que sentar a ler con calma.
ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
Sábado 29 de xuño ás 20,00 h: Presentación do libro de receitas A COCIÑA DOS CUNQUEIRO. Participan: Carmen Freire, Miguel Vila, César Cunqueiro e Victor F. Freixanes.
Xoves 4 de xullo ás 20,00 h: Presentación do libro BÍCAME, FRANK de Miguel Anxo Fernández, coa participación, canda o autor, de Carlos Lema e Gustavo Garrido.
Venres 5 de xullo ás 20,00 h: Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello debatirán arredor do tema ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria’, moderados por Ramón Nicolás.
Venres 5 de xullo ás 21,00 h: Convite a bailar: PARA QUE NINGUÉN QUEDE SEN BAILAR! OBRADOIRO DE DANZAS TRADICIONAIS. Algunhas das danzas forman parte do libro ‘De roda en roda. Músicas e danzas do mundo’.
Sábado 6 de xullo ás 20,00 h: Presentación do libro BAGOA DE LÚA (primeiro tomo da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA). Intervirán a autora, Sabela González, Ledicia Costas e Francisco Castro.
Eladio y Los Seres Queridos este sábado en El Ensanche con la Orquesta de Saxos del Conservatorio de Redondela
Eladio y Los Seres Queridos este sábado en El Ensanche con la Orquesta de Saxos del Conservatorio de Redondela
Eladio y los Seres Queridos estarán acompañados este sábado 29 de junio en su concierto de la sala El Ensanche, en Vigo, por la Orquesta de Saxos del Conservatorio de Redondela, con quienes ya colaboraron en la pasada edición del Festival PortAmérica.
La cita es a las 23.00 h, y la entrada cuesta 5 €.
El concierto se enmarca en el ciclo de la Rede Galega de Música Ao Vivo.
Próximas fechas:
04 de julio, Marucho, Baiona. (RGMV)
5 de julio, Sama Sama, Vilagarcía. (RGMV)
Más info y venta de entradas: