A FUNDACIÓN CETMAR PRESENTA O VINDEIRO VENRES A RUTA MARÍTIMA ENTRE VIGO E VIANA DO CASTELO DESEÑADA NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO PROAMARE

  • Realizarase unha viaxe piloto na goleta Nieves que cubrirá parte do traxecto entre o peirao de Bouzas e Baiona

Vigo, 26 de xuño de 2013.- O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR presenta este venres 28 de xuño unha ruta marítima entre Vigo e Viana do Castelo deseñada no marco do proxecto europeo PROAMARE, cuxa finalidade é a recuperación do patrimonio marítimo e a súa posta en valor como reclamo turístico.

Durante esta xornada, que dará comezo ás 10:00 horas na sede da Fundación CETMAR en Bouzas, os asistentes poderán coñecer de primeira man as características desta ruta e participar nunha viaxe piloto a bordo da goleta Nieves, que cubrirá unha parte do traxecto entre Vigo e Baiona.

Antes de embarcar no peirao de Bouzas, os asistentes desprazaranse ao Museo do Mar de Galicia en Alcabre para asistir a un relatorio sobre o proxecto PROAMARE e a unha ruta guiada polas instalacións do centro. A continuación os asistentes volverán a Bouzas onde embarcarán na goleta Nieves que partirá ás 12:00 horas cara Baiona. A chegada a esta vila está prevista arredor das 14:15 horas, cando terá lugar o regreso a Vigo en autobús.

 

Proxecto PROAMARE

Converter o patrimonio marítimo nun reclamo turístico é un obxectivo cada vez máis en auxe por canto se trata dunha acción que favorece a diversificación da actividade económica especialmente das comunidades costeiras e, ao mesmo tempo, garante a valorización e o mantemento óptimo deses bens materiais ou inmateriais a conservar.

Con ese fin veñen traballando as institucións implicadas no proxecto PROAMARE, como é o caso de, ademais da Fundación CETMAR, a Deputación de Pontevedra, a Cámara Municipal de Caminha, a Fundaçao Gil Eannes e o CIM Alto Minho.

Este terceiro e último concerto do Ciclo de 2013 estivo precedido por AcadaCanto o pasado venres 7 e Sérgio Tannus Trio, o 14 de xuño. Malia a que a entrada ao concerto é gratuíta, as persoas que asistan poden colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: