ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

descarga (5)   Galaxia preparou un completo programa no que sobrancean concertos diarios dos principais grupos de música infantil en galego

Este venres dá comezo nos xardíns da Alameda de Vigo a Feira do Libro, para a que a Editorial Galaxia preparou un completo programa de actos nos que sobrancea a Semana da Música Infantil que, dende o luns 1 ao venres 5, ás 20 horas, ofrecerá de balde ao público asistente, concertos dos principais grupos e solistas da música infantil galega.
Deste xeito, o luns 1 será o grupo Mamá Cabra quen subirá ao escenario para ofrecer o espectáculo titulado ‘Ola, ola, la!’. O martes, será a oportunidade de Magín Blanco que levará ás táboas o seu programa ‘A nena e o grilo nun barquiño’. ‘Animais enCantadores’ é o nome escolleito por Susa Herrera para o mércores. O xoves, Uxía agasallará a todos e a todas con cancións do traballo ‘María Fumaça’ baixo do título xenérico de ‘Cantaruxa coa bruxa Maruxa’. Pecharán de novo Mamá Cabra, o venres, co espectáculo ‘Bicos de música’.

Ademais desta ampla oferta para o público infantil e familiar, a Editorial Galaxia completa a súa programación cunha ampla oferta de actos literarios e unha caseta que será tamén salón social no que sentar a ler con calma.

ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

Sábado 29 de xuño ás 20,00 h: Presentación do libro de receitas A COCIÑA DOS CUNQUEIRO. Participan: Carmen Freire, Miguel Vila, César Cunqueiro e Victor F. Freixanes.

Xoves 4 de xullo ás 20,00 h: Presentación do libro BÍCAME, FRANK de Miguel Anxo Fernández, coa participación, canda o autor, de Carlos Lema e Gustavo Garrido.

Venres 5 de xullo ás 20,00 h: Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello debatirán arredor do tema ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria’, moderados por Ramón Nicolás.

Venres 5 de xullo ás 21,00 h: Convite a bailar: PARA QUE NINGUÉN QUEDE SEN BAILAR! OBRADOIRO DE DANZAS TRADICIONAIS. Algunhas das danzas forman parte do libro ‘De roda en roda. Músicas e danzas do mundo’.

Sábado 6 de xullo ás 20,00 h: Presentación do libro BAGOA DE LÚA (primeiro tomo da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA). Intervirán a autora, Sabela González, Ledicia Costas e Francisco Castro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: