Concello de Vigo


Caballero indica que o Goberno de España eloxia o plan de amortización de débeda do Concello

O alcalde e vicepresidente da FEMP participou onte mércores na reunión da Comisión Nacional de Administración Local, onde o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, felicitou a Caballero polo plan de amortización de débeda do Concello de Vigo.

 


O alcalde de Vigo reitera a necesidade de facer unha “fronte común” para evitar o “enterro do naval”

Abel Caballero tildou hoxe xoves de “inxusta” a eventual resolución europea que obrigaría a devolver boa parte das bonificacións fiscais do naval desde o ano 2005. Avanzou o seu apoio á manifestación convocada esta tarde polos sindicatos porque esta decisión do comisario de Competencia, Joaquín Almunia, provocaría danos “irreparables” no sector.

 


Caballero destaca a automoción como exemplo dun sector capaz de combater a crise en Vigo

O alcalde de Vigo fixo unha análise pormenorizada da situación económica que estamos a atravesar, cunhas consecuencias “demoledoras” que obrigan a remontarse ata 1930 para atopar un contexto negro similar. Durante un acto promovido polo Banco Santander e o Faro de Vigo, Caballero referiuse á automoción como un dos sectores capaces de facerlle frente á crise nunha cidade que tamén destaca polo seu carácter emprendedor.

 


Comeza o Festival de Jazz de Vigo IMAXINASONS

A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS’13, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1) e a praza da Constitución. A dirección artística da presente edición corre a cargo do músico galego Nani García.

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: