Concentración abraza o teu hospital xoves 27 xuño 20h H. Xeral

CIG-SAÚDE INFORMA

A Xunta de Galicia está destruíndo a Sanidade Pública Galega introducindo:

·   copagos (que afectan aos medicamentos, próteses, alimentos especiais, trasporte programado en ambulancia),

·   recortes en asistencia,

·   supresión de dereitos sanitarios,

·   desmantelamento e privatización dos centros sanitarios.

Agora pretende aprobar unha Lei de Garantía de Prestacións, que engana á poboación prometendo tempos de espera imposibles de cumprir, polos recortes, e que permitirá aos hospitais privados apoderarse do escaso orzamento da sanidade pública.

Na Área Sanitaria de Vigo as listas de espera ocultan á metade da persoas pendentes de operación e os servizos de urxencias sofren colapsos diarios por falta de recursos. Mentres tanto a obra do Novo Hospital (que sufriu un serio recorte en camas, servizos e persoal) leva meses parado por falta do prometido investimento privado.

Preténdese  perpetuar  a  POVISA  como  hospital  de  referencia  pese  a  duplicar  os pacientes nas listas de espera e dispoñer de moitos menos recursos que os hospitais públicos.

Paralizouse o Plan de construír os novos Centros de Saúde prometidos e preténdese desmantelar os Centros de Orientación Familiar (COF) e os de atención ás drogodependencias.

A marxinación sanitaria da Área de Vigo é escandalosa e inaceptable

Contra os copagos e os recortes sanitarios

Contra a privatización da sanidade pública

Por un Novo Hospital Público coa dotación que a Área de Vigo necesita

Acode ao acto organizado pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública SOS Sanidade Pública.

 

ABRAZA O TEU HOSPITAL PÚBLICO

XOVES, 27 de XUÑO ás 8 da TARDE no Hospital Xeral

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: