Ganadores campaña Vigo Like

descarga (1) DSCF3197

OS ESTRANXEIROS AFINCADOS EN VIGO CONVÉRTENSE

NOS MELLORES EMBAIXADORES DA CIDADE

• Os gañadores reciben unha estancia en Vigo por valor de 1.000€ para quen
desexen

• Vigo Like é unha actuación que forma parte do Plan de Competitividade Turística
de Vigo

A campaña Vigo Like chega ao seu cúlmen co nomeamento de
tres dos participantes como embaixadores da cidade. Esta tarde ás 19:00 horas o Museo de
Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acollerá a entrega de premios.

A campaña Vigo Like forma parte do Plan de Competitividade Turística de Vigo, turismo urbano
e de ría, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e no que
participan a Secretaría de Estado de Turismo -TURESPAÑA-, a Axencia de Turismo de Galicia
(Xunta de Galicia), o Concello de Vigo e a Federación Provincial de Empresarios de Hostelaría
de Pontevedra.

“Sabemos que son moitas as persoas estranxeiras afincadas na cidade que senten unha
grande paixón por Vigo. Todo aquel que pasea a cotío polas súas rúas, visita as súas praias e
zonas verdes, coñece as súas xentes, a súa gastronomía… valora o encanto desta cidade. Por
iso consideramos que estes embaixadores son as persoas idóneas para desvelar aos seus
compatriotas os segredos e recunchos desta urbe e invitalos a descubrir Vigo en primeira
persoa”, asegura Cayetano Rodriguez Escudero, Concelleiro de Industria, Turismo, Cultura e
Festas.

Os premiados

Un xurado constituído especificamente para o desenvolvemento da campaña e estreitamente
relacionado co sector turístico da cidade designou os tres gañadores baseándose na
orixinalidade das súas rutas así como pola súa implicación á hora da dinamización a través da
rede para impulsar o coñecemento da cidade viguesa.

Os tres premiados recibirán unha estancia en Vigo por valor de 1.000€ para quen eles desexen
e ao resto de participantes obsequiaráselle cunha viaxe para descubrir os encantos das Illas
Cíes.

A campaña Vigo Like

A campaña Vigo Like desenvolveuse co obxectivo de promocionar Vigo de man dos
estranxeiros afincados na cidade. Ao longo da iniciativa os embaixadores participaron no
concurso a través da creación de rutas persoais nas que incluíron os seus recunchos preferidos
de Vigo e fomentaron o coñecemento da cidade no seu ámbito de actuación

Estas rutas recopiláronse no espazo web vigolike.turismodevigo.org e difundíronse a través das
redes. Preto de 500 persoas, fundamentalmente familiares e amigos dos participantes que non
viven en Vigo, descubriron os encantos da cidade olívica

Os premiados:

Tiziana Cerabino: De orixe italiano leva vivindo en Vigo dende fai 3 anos e medio.
Considérase Italo-galega e en Vigo síntese como na súa casa. Destaca a amabilidade da
cultura viguesa e presentou un percorrido urbano-naturalístico de Vigo.
A súa ruta:
http://vigolike.turismodevigo.org/?page_id=41

Magdalena Piątkowska: Naceu en Polonia e chegou a Vigo fai preto de 3 anos grazas a unha
beca Erasmus. A pesares de que confesa que tardou en descubrir os encantos da cidade
mostra unha ruta enfocada ao ocio e a gastronomía:
A súa ruta:
http://vigolike.turismodevigo.org/?page_id=754

Renáta Rudišinová: Chegou a Vigo de Eslovaquia fai 2 anos como estudante de Erasmus
pero pronto namorouse da cidade. Cando rematou os estudios de tradución e interpretación
decidiu comezar a súa vida en Vigo. Considera que o carácter dos galegos e os eslovacos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: