‘Música nos Tilos’ 2013 remata co concerto de Narf este venres

descarga (7)  Fran Pérez, Narf, pecha o ciclo de concertos ‘Música nos Tilos’. Será este venres 28 de xuño ás 22:30 na Biblioteca dos Tilos e con entrada de balde cando poidamos gozar dos temas deste grande artista, que repasará as mellores pezas da súa carreira e interpetará algunhas inéditas, que proximamente prevé incluir nun novo traballo.

Narf fará un concerto recopilatorio este venres nos Tilos. Poderemos escoitar unha selección dos mellores temas da súa traxectoria ademais dalgúns inéditos, que prevé incluir nun novo disco.  Será ás 22:30 horas e con entrada de balde -aínda que se pode colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro- cando poderemos escoitar . A actuación enmárcase no ciclo ‘Música nos Tilos’ que organiza o Concello de Teo e promove Imperdible Servizos Culturais.

Compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro. Publicou tres discos baixo nome artístico de NARF, Aló irmao, Totem e Narf directo en Compostela. Músico multidisciplinar, recentemente participa tamén como actor na montaxe do CDG A Ópera dos Tres Reás, de Bertold Brecht e Kurt Weill, protagonizada por Luís Tosar, ademais de ter sido un dos fundadores da Sala Nasa, entre outros proxectos.

Música nos Tilos

Ano a ano e desde fai catro, o Concello de Teo programa cada mes de xuño unhas “propostas íntimas e de calidade”, con pequenas e medianas formacións pero de calidade, para que o público dos Tilos e quen se queira achegar ata a Biblioteca poida desfrutar dun concerto “como se estivese no salón da súa casa, xa que se crea un espacio íntimo e cercano”, din desde Imperdible Servizos Culturais, entidade organizadora.

Este terceiro e último concerto do Ciclo de 2013 estivo precedido por AcadaCanto o pasado venres 7 e Sérgio Tannus Trio, o 14 de xuño. Malia a que a entrada ao concerto é gratuíta, as persoas que asistan poden colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: