ACTO DE ENTREGA DO PREMIO TRASALBA A CRISTINA PATO

clip_image002

O ACTO CELEBRARASE NA CASA GRANDE DE DON RAMÓN, EN CIMADEVILA (OURENSE), NO PAZO MUSEO, ESTE DOMINGO

Todo está preparado para o día grande. Cristina Pato preparou especialmente para a ocasión un tema especial dedicado a Trasalba, como no seu día fixera tamén o grupo Milladoiro (Premio Trasalba, 2006) que no seu momento colgaremos na Web da Fundación. Arredor De cincocentas persoas acudirán ao acto literario, que está programado para as 12,30 horas na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro, Ourense) e que, como é tradicional, rematará nunha comida ao aire libre, no souto veciño á casa de don Ramón.
No acto intervirá Pablo Sánchez Ferro, membro da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, que pronunciará a laudatio da homenajeada e que é autor, xunto con Xan padrón, do libro “Galicia no fol”, no que se recolle o agasallo de moi diversos amigos da artista, espallados por todo o mundo, dende o violonchelista Yo-Yo-Ma, que colaborou con Cristina nalgunhas producións, a autores e autoras Galegos, músicos e animadores culturais.
O libro “Galicia no fol” vai acompañado dunha produción audiovisual de arredor de 30 minutos (DVD) dedicada ás últimas producións de Cristina Pato (”Migrations”) e un CD no que se recolleunha grabación orixinal dedicado á casa e o contorno de don Ramón, “Alalá e muiñeira de Cabana”, recreación dun tema tradicional.
O premio Trasalba, que este ano celebra a súa XXXI edición, ten carácter honorífico e vai dedicado a persoas que, pola súa actividade ou traxectoria, teñen unha significación especial na proxecciópn da cultura galega. O presidente da Fundación entrega ao homenajeado ou homenaxeada, en lembranza do acontecemento, unha figura de bronce do Patriarca das Letras Galegas deseñada e fundida especialmente para a ocasión polo escultor Manuel Buciños.

No acto literario presentarase tamén o libro “Xeórxicas do pan”, recuperación dun longo e fermoso poemario de Otero Pedrayo, resgatado por un equipo de investigadores da Universidade de Vigo dirixido polo profesor Manuel Forcadela, e mais a edición popular que no seu día preparou Francisco Fernández del Riego sobre a vida do señor de Trasalba.
Como é habitual nestas datas, nese mesmo día terá lugar a asamblea ordinaria do Padroado da FOP, na que se dá conta das actividades da Fundación durante o exercicio e, se procede, se aproban as contas oficiais do ano 2012.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: