PRESENTACIÓN DE LIBROS DE RECEITAS E MÚSICA INFANTIL EN VIGO

image001

O sábado presentamos ‘A cociña dos Cunqueiro’ e o luns arranca a Semana da Música Infantil  

A feira do libro de Vigo comeza na Alameda este venres. A nosa editorial vai ter unha presenza moi importante, sobre todo porque dende o luns ao venres vai desenvolverse a Semana da Música Infantil que todos os días da semana que ven, dende as 20 horas, no formato de pequenos concertos en acústico, vai ofrecer un concerto dirixido ao público familiar e infantil protagonizado polas primeiras figuras da música para pequechos do noso país.
Mais antes, o sábado, ás 20 horas, presentaremos o libro ‘A cociña dos Cunqueiro’, de Elvira González-Seco Seoane, libro que recolle o receitario da dona de don Álvaro e que publicamos cun prólogo de César Cunqueiro . Participan no acto a doutora Carmen Freire, o responsable da edición, Miguel Vila, César Cunqueiro e Víctor F. Freixanes, escritor e director xeral de Galaxia.
Logo, o luns, será o tempo para a cativada co arranque da Semana da Música Infantil na Feira do Libro, un espectáculo producido por Editorial Galaxia e que dá comezo coa actuación do popular grupo de música infantil, Mamá Cabra, quen leva á Alameda viguesa o seu espectáculo ‘Ola, ola, lá!’, un mollo de divertidas cancións para que ninguén quede sen bailar.
A Feira do Libro énchese, nos seus primeiros días, de sabor e música.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: