Actividades Novacaixagalicia
Naturnova, dez anos de compromiso coa educación e a natureza
Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental da Fundación Novacaixagalicia, cumpre mañá dez anos de traxectoria a prol da educación e a divulgación ambiental. Para celebrar este décimo aniversario, o centro ten preparado un agasallo para todos aqueles que pasen polo centro no día de mañá, sábado 29 de xuño. Naturnova está emprazado no número 20 da rúa Velázquez Moreno de Vigo e o seu horario de apertura ao público é cada sábado, de outubro a xuño incluídos, de 17.30 a 20.30 h. O centro tamén está dispoñible para actividades en grupo, previa cita, todos os días de martes a venres durante o curso escolar.
As novas tecnoloxías chegan á Coruña da man do festival Mundos Digitales
Mundos Digitales, que se celebrará desde o 4 ata o 6 de xullo, presenta para os medios de comunicación o programa completo da súa duodécima edición. A cita terá lugar o próximo luns 1 de xullo ás 11.00 h. na súa sede, que será, un ano máis, o Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia en Coruña, emprazado no Cantón Grande, s/n. Estarán presentes Manuel Meijide, director de Mundos Digitales, Diego Calvo, presidente da Deputación de A Coruña, Gonzalo Ortiz, membro da comisión xestora da Fundación Novacaixagalicia e Carlos Negreira, alcalde do Concello de A Coruña.