A XUNTA MELLORA A SEGURIDADE VIARIA DA ESTRADA DE ZAMÁNS COA AMPLIACIÓN DA REDE SEMAFÓRICA, ONDE INVESTIU MÁIS DE 21.000 EUROS

  • descarga (7)
  • Trátase dunha vella reivindicación dos veciños e veciñas da parroquia que hai uns días foi resolta coa instalación de novos semáforos para regular o tráfico na confluencia da Estrada de Zamáns (PO-331) coa Estrada da Igrexa.

Vigo, 28 de xuño de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de mellorar a seguridade viaria da Estrada de Zamáns (PO-331), á altura do punto quilométrico 8,6 na confluencia coa Estrada da Igrexa, coa ampliación da rede semafórica na zona.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a parroquia de Zamáns para comprobar a instalación da nova rede semafórica, que contou cun investimento superior aos 21.000 euros (21.779,93 euros), e que tiña coma obxectivo regular o tráfico e o paso de peóns nesta zona de Zamáns.

Esta actuación era unha vella reivindicación dos veciños e veciñas da parroquia ao tratarse dunha intersección con pouca visibilidade e na que se tiñan producido accidentes. Deste xeito, dende a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) levouse a cabo dita actuación, que consiste na colocación dunha completa e nova rede semafórica automática de detección de vehículos co obxectivo de mellorar a seguridade tanto das persoas coma do tráfico.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: