AMES ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DO DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO QUE TERÁ LUGAR O PRÓXIMO 6 DE XULLO

§  Os actos de conmemoración inclúen a entrega dos galardóns anuais ao cooperativismo cos que se premia o impulso e fomento desta cultura dentro de Galicia e que recoñecen o importante labor destas empresas na economía rexional

§  Esta iniciativa, que reunirá a un amplo número de cooperativas galegas, ten como obxectivo á análise da necesidade de crear unha maior conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social da comunidade

§  En Galicia existen un total de 1.152 cooperativas que agrupan a 90.158 socios e crean un total de 18.649 postos de traballo, entre directos e indirectos, o que supón preto dun 2% da poboación ocupada

§  Desde o ano 2010 ata este mes de xuño constituíronse un total de 179 cooperativas.

 

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013.- O Día do Cooperativismo Galego celebrarase o próximo sábado, 6 de xullo, nas instalacións de Feiraco, en Pontemaceira, Ames (A Coruña). Nesta ocasión, o lema elixido polo Consello Galego de Cooperativas será ‘A empresa cooperativa avanza forte’.

Os actos de conmemoración deste día inclúen a entrega dos galardóns anuais ao cooperativismo cos que se premia o impulso e fomento da cultura cooperativa dentro de Galicia e que recoñecen o importante labor destas empresas na economía rexional.

Nesta ocasión, o galardón ao mellor proxecto cooperativo recaeu nas sociedades cooperativas galegas Luscofusco (Santiago de Compostela) e Xanela (Ourense) e o da promoción desta fórmula empresarial acadouno a Mancomunidade Terra de Celanova. Pola súa banda, O Cable Inglés (Vigo) gañou o premio aos valores cooperativos e Proxecto Coop (Ourense) e Val de Lourenzá (A Mariña) o concurso de iniciativas cooperativas.

Esta iniciativa, que reunirá a un amplo número de cooperativas galegas, ten como obxectivo á análise da necesidade de crear unha maior conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social da comunidade, incidindo nas posibilidades de futuro que brinda este modelo empresarial.

De feito, amósase como a mellor fórmula para emprender un negocio na actualidade. A colaboración na que se basea o traballo cooperativo e a súa flexibilidade ás necesidades e circunstancias de cada momento fai fortes ás empresas cooperativas ante as adversidades económicas actuais.

Así  o reflicten os datos. En Galicia existen un total de 1.152 cooperativas que agrupan a 90.158 socios e crean un total de 18.649 postos de traballo, entre directos e indirectos, o que supón preto dun 2% da poboación ocupada.

O tecido cooperativo galego está a rexistrar un crecemento significativo ano a ano. Desde 2010 ata este mes de xuño constituíronse un total de 179 cooperativas. Obsérvase ademais un lixeiro incremento entre os diferentes períodos anuais. En 2010 creáronse 42 cooperativas; en 2011 foron 48; en 2012 rexistráronse 58 novas altas; e no primeiro semestre do 2013 xa se contabilizaron 31 novas empresas de índole cooperativa.

As cooperativas de traballo asociado son as que máis medraron nos últimos anos. Desde 2010 á actualidade déronse de alta 112 empresas deste tipo. No ano anterior, 2012, puxéronse a andar 41 firmas de traballo asociado, mentres que no primeiro semestre do exercicio actual xa se rexistraron 22 novas altas. As cooperativas de traballo asociado son aquelas que proporcionan traballo aos seus socios, mediante o seu esforzo persoal e directo, a través da organización en común da produción de ben e servizos destinados a terceiros.

Por detrás sitúanse as de vivenda (26 altas desde 2010) e as de tipo agrario (25 novas constitucións). Estas últimas teñen un papel protagonista na economía galega polo seu peso cuantitativo. Están estreitamente ligadas ao medio rural e exercen unha importante función na fixación da poboación.

En canto á distribución xeográfica, as provincias da Coruña e Pontevedra son as que presentan maior presenza de sociedades cooperativas, en consonancia co seu maior dinamismo empresarial. Na Coruña hai inscritas un total de 515, concentrándose en Santiago o maior número (127). Na provincia de Pontevedra contabilízanse 383. A cidade viguesa, con 199 entidades censadas, conta co maior volume empresarial debido á súa importante actividade industrial

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: