NO 2012 DESEMBARCÁRONSE NOS PORTOS GALEGOS 2.200 TONELADAS DE BONITO DO NORTE POR UN VALOR DE 9,2 MILLÓNS DE EUROS

  • bonitoLembrou que Burela descarga máis do 68% desta especie cun peso económico de máis do 69% respecto ao total

Burela (Lugo), 1 de xullo de 2013.-  No ano 2012 desembarcáronse nos portos galegos máis de 2.200 toneladas de bonito do norte por un valor económico superior a 9,2 millóns de euros. Así o dixo esta tarde en Burela o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, na presentación da campaña de promoción e etiquetado “Aquí facémolo bonito”. Destacou que Burela descarga máis do 68% desta especie cun valor de máis do 69% respecto ao total.

Coa presentación desta campaña, a Consellería do Medio Rural e do Mar quere dar a coñecer ao consumidor o bonito do norte fresco coas máximas garantías, agora que comezou a tempada. Maneiro explicou que para garantir a orixe artesanal da pesqueira dos bonitos que chegan aos puntos de venda puxéronse a disposición dos portos de descarga precintos de garantía que aportan valor engadido ao produto.

O secretario xeral dixo que o seu departamento “aposta firmemente pola promoción e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura como un dos eixos no que se sustenta a benestar da xente do mar”.

Etiquetas

A Consellería repartirá preto de 200.000 etiquetas, máis de 1.600 carteis e máis de 67.000 trípticos promocionais nos principais portos de descarga (A Coruña, Burela, Celeiro e Vigo) e nas empresas de alimentación adheridas á campaña. A etiqueta implica que o método de captura é respectuoso co medio ambiente e que se realiza cunha pesca selectiva, un a un e sen afectar ao resto das especies.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: