Archivo | julio 2, 2013

NO 2012 DESEMBARCÁRONSE NOS PORTOS GALEGOS 2.200 TONELADAS DE BONITO DO NORTE POR UN VALOR DE 9,2 MILLÓNS DE EUROS

  • bonitoLembrou que Burela descarga máis do 68% desta especie cun peso económico de máis do 69% respecto ao total

Burela (Lugo), 1 de xullo de 2013.-  No ano 2012 desembarcáronse nos portos galegos máis de 2.200 toneladas de bonito do norte por un valor económico superior a 9,2 millóns de euros. Así o dixo esta tarde en Burela o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, na presentación da campaña de promoción e etiquetado “Aquí facémolo bonito”. Destacou que Burela descarga máis do 68% desta especie cun valor de máis do 69% respecto ao total.

Coa presentación desta campaña, a Consellería do Medio Rural e do Mar quere dar a coñecer ao consumidor o bonito do norte fresco coas máximas garantías, agora que comezou a tempada. Maneiro explicou que para garantir a orixe artesanal da pesqueira dos bonitos que chegan aos puntos de venda puxéronse a disposición dos portos de descarga precintos de garantía que aportan valor engadido ao produto.

O secretario xeral dixo que o seu departamento “aposta firmemente pola promoción e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura como un dos eixos no que se sustenta a benestar da xente do mar”.

Etiquetas

A Consellería repartirá preto de 200.000 etiquetas, máis de 1.600 carteis e máis de 67.000 trípticos promocionais nos principais portos de descarga (A Coruña, Burela, Celeiro e Vigo) e nas empresas de alimentación adheridas á campaña. A etiqueta implica que o método de captura é respectuoso co medio ambiente e que se realiza cunha pesca selectiva, un a un e sen afectar ao resto das especies.

 

A ELABORACIÓN DO PLAN DE XESTIÓN DO POLBO FÍXOSE CON RIGOR E RESPONSABILIDADE PARA ACADAR A SUSTENTABILIDADE DO RECURSO E DO SECTOR

Juan Maneiro sinalou que se adoptou tras comprobar que a situación do cefalópodo non é satisfactoria dende o punto de vista biolóxico e da rendibilidade da pesquería
Explicou que para acadar mellores resultados foi preciso adoptar medidas para o control da actividade extractiva no mar, como a colocación de precintos nas nasas, e para o control dos procesos de comercialización e transformación
Ademais salientou que o plan foi dialogado co sector a través de varias xuntanzas coas Federacións provinciais de confrarías e que as demandas fundamentadas foron aceptadas
O secretario xeral do Mar lamentou os acontecementos e condutas violentas que se sucederon ao longo desta mañá.

EL COORDINADOR DE ACTIVIDADES CULTURALES DE LA CASA DE GALICIA, GALARDONADO CON EL PREMIO AL AUTOR DEL LIBRO MÁS VANGUARDISTA-

Madrid, 2 de julio de 2013. – El coordinador de Actividades Culturales de la Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, Ramón Jiménez Pérez, ha sido galardonado con el Premio al autor del libro más vanguardista-escriDuende 2013 por su obra “El baile del emperatriz”, publicada por la editorial Pigmalión.

Los premios escriDuende han sido creados este año por el Grupo editorial Sial-Pigmalión con ocasión de la celebración de la Feria del Libro que ha tenido lugar recientemente en el madrileño parque de El Retiro y tienen vocación de permanencia en el panorama literario español. Toman como referencia la figura del duende que según una antigua leyenda hacía florecer de forma espectacular los caminos del Parque para deleite del rey.

Jiménez Pérez también es autor, entre otros textos literarios, de los libros de relatos cortos “Cuentos estructurados” (Premio Emilio Hurtado 1986, Ediciones Castilla) y “Así me pierdo en las ciudades” (Pigmalión, 2011).