Archive | julio 3, 2013

AS SUXESTIÓNS DO PP DE SALCEDA FORON RECOLLIDAS E LEVADAS A CABO DE INMEDIATO

  • Os populares instaban ao arranxo dalgunhas rúas do casco urbano tralas obras de Gas Natural e R
  • Rodríguez Davila lamenta unha nova promesa incumprida referida ao PXOM, “que seguiremos sen telo aprobado a final de lexislatura”

Salceda de Caselas, 2 de xullo de 2013.- Despois de que o Partido Popular de Salceda de Caselas informase nas diferentes reunións celebradas en todas as parroquias do deplorable estado no que se atopaban algunhas rúas do casco urbano, ante a pasividade e a inoperancia do Bipartito, “parece que houbo unha reacción inmediata dende o Concello”, subliña Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e voceiro do PP local. E é que xa se están asfaltando estes viarios do centro por parte de Covsa por orde do Concello e das empresas Gas Natural e R, pois foi por mor de obras relacionadas a estas entidades polo que se levantou o firme. “O noso obxectivo é facer unha oposición construtiva e fiscalizar o labor do Goberno”, indica Rodríguez Davila, “e ao parecer as nosas suxestións foron tidas en conta e postas en marcha de inmediato”.

Por outra banda, o concelleiro popular pronúnciase respecto da información publicada hoxe en diferentes medios de comunicación na que se anuncia a sinatura coa empresa que redactará o PXOM. “Estamos unha vez máis ante outra das promesas incumpridas deste Bipartito, cando a comezos deste 2013 aseguraba publicamente que esta sinatura se levaría a cabo no primeiro trimestre do ano, estando xa no terceiro”. A maiores, o propio Goberno informa agora que non estará listo para final de lexislatura, “outra promesa incumprida, con 8 anos de Bipartito e sen o PXOM aprobado”, conclúe Rodríguez Davila.

 

 

 

 

 

 

OS PENDELLOS DE AGOLADA VOLVERÁN CONVERTERSE ESTA FIN DE SEMANA NO CORAZÓN DA ARTESANÍA DE GALICIA

descarga (17)

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, presentaron hoxe o II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizada pola Consellería de Economía e Industria

No evento, no que o ano pasado participaron máis de 5.000 persoas, poderase ver o traballo de medio cento de artesáns que representan ata 16 oficios diferentes

A comercialización e a demostración en vivo de artesanía complementaranse coa venda e degustación de produtos gastronómicos, conferencias ou actuacións musicais

Entre as novidades, inclúense varios showcookings de cociñeiros galegos de prestixio e refórzase a programación destinada aos máis novos

A iniciativa enmárcase na estratexia da Xunta de respaldo ao sector artesán, que se centra en aspectos como a innovación, a mellora da comercialización e a formación dos profesionais

RELACIÓN DOS PREMIADOS DAS CATAS DE VIÑOS, AUGARDENTES E LICORES TRADICIONAIS DE GALICIA 2013

Santiago, 2 de xullo de 2013.- Na gala de hoxe, celebrada no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, entregáronse os premios nos diferentes apartados nos que se estrutura este concurso, organizado pola Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración cos consellos reguladores participantes.

XXV CATA DOS VIÑOS DE GALICIA – 2013   

MELLOR VIÑO

DE GALICIA

 
MARCA PREMIADA E ADEGA

BRANCO

SEÑORIO DE RUBIÓS CONDADO DO TEA BLANCO– BODEGAS COTO REDONDO, S.L. / D.O. RIAS BAIXAS

TINTO

SAN MAMED- ROSA Mª PUMAR RODRÍGUEZ/ D.O. RIBEIRA SACRA

*(1) (elixidos entre os caldos mellor puntuados en cada unha das cinco denominacións de orixe)
D.O. RIBEIRO
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
PAZO LODEIRO – JULIO VÁZQUEZ QUINTELA
2º POSTO E ACIO DE PRATA
CASAL DE PAULA – EMILIO DOCAMPO DIÉGUEZ
3º POSTO E ACIO DE BRONCE
PAZO DO MAR EXPRESIÓN –ADEGAS PAZO DO MAR, S.L.
4º POSTO E DIPLOMA
TERRA MINEI – FRANCISCO FERNÁNDEZ SOUSA
5º POSTO E DIPLOMA
TERRA DO CASTELO – BODEGA COOPERATIVA SAN ROQUE DE BEADE, S.C.G.
6º POSTO E DIPLOMA
DIVINO REI – BODEGA CASTRO REI, S.L.
D.O. VALDEORRAS
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
A COROA GODELLO – ADEGA A COROA, S.A.T.
2º POSTO E ACIO DE PRATA
RUCHEL MENCÍA – BODEGAS RUCHEL, S.L.
3º POSTO E ACIO DE BRONCE
d´berna – GUITIAN Y BLANCO, S.C.
4º POSTO E DIPLOMA
JOAQUÍN REBOLLEDO MENCÍA  – JOAQUÍN REBOLLEDO, S.A.
5º POSTO E DIPLOMA
GODEVAL GODELLO  – S.A.T. GODEVAL
6º POSTO E DIPLOMA
VIÑA DE FORNOS GODELLO – GERMÁN RODRÍGUEZ SALGADO
D.O. RIAS BAIXAS
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
SEÑORÍO DE RUBIOS – BODEGAS COTO REDONDO, S.L.
2º POSTO E ACIO DE PRATA
PIONERO MUNDI- VIÑA ALMIRANTE, S.C.G.
3º POSTO E ACIO DE BRONCE
PAZO PONDAL  – PAZO PONDAL, S.L.
4º POSTO E DIPLOMA
BOUZA DO REI  – BOUZA DO REI, S.A.T.
5º POSTO E DIPLOMA
RECTORAL DO UMIA – RECTORAL DO UMIA, S.A.U.
6º POSTO E DIPLOMA
EIDOS DE PADRIÑÁN – ADEGA DOS EIDOS, S.L.
D.O. RIBEIRA SACRA
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
VIÑA VELLA MENCÍA – SAT VIRXEN DOS REMEDIOS 837 XUGA
2º POSTO E ACIO DE PRATA
SOLLÍO- VICTORINO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
3º POSTO E ACIO DE BRONCE
ADEGA VELLA MENCÍA – JORGE FEIJOO GONZÁLEZ
4º POSTO E DIPLOMA
CRUCEIRO – RAMÓN MARCOS FERNÁNDEZ
5º POSTO E DIPLOMA
PERO BERNAL DE ADEGAS AMEDO – ADEGAS AMEDO, S.L.
6º POSTO E DIPLOMA
ABADÍA DA COVA – ADEGAS MOURE, S.A.
D.O. MONTERREI
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
QUINTA DO BUBLE GODELLO – QUINTA DO BUBLE, S.L.
2º POSTO E ACIO DE PRATA
LADAIRO GODELLO – BODEGAS LADAIRO, S.L.
3º POSTO E ACIO DE BRONCE
GARGALO TREIXADURA E ALBARIÑO – GARGALO, S.L.
4º POSTO E DIPLOMA
CREGO E MONAGUILLO GODELLO – CREGO E MONAGUILLO, S.L.
5º POSTO E DIPLOMA
1943 FATHER MENCÍA – CREGO E MONAGUILLO, S.L.
6º POSTO E DIPLOMA
STIBADIA GODELLO E TREIXADURA– BODEGA TABÚ, S.L.N.E.
* (2):Para os tres viños mellor puntuados en cada D.O, con exclusión dos Viños de Colleiteiro e pequenas adegas e dos que resultaron os mellores branco e tinto de Galicia
COLLEITEIRO E PEQUENAS ADEGAS BRANCO
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
VAL DE SOUTO – JOSÉ MANUEL BLANCO PÉREZ / D.O. RIBEIRO
COLLEITEIRO E PEQUENAS ADEGAS TINTO
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E ACIO DE OURO
ALTER – VIÑA DA CAL, S.L. / D.O. RIBEIRO
* (3): Categoría que premia ao mellor branco e ao mellor tinto de colleiteiro e pequenas adegas, isto é, os elaborados por pequenas adegas de calquera denominación de orixe con uva de produción propia.
XV CATA DAS AUGARDENTES DE GALICIA 2013
I.X. AUGARDENTES DE GALICIA
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
POTE DE OURO
VEDRA DEL ULLA – AUGARDENTES DE GALICIA, S.A.
POTE DE PRATA
QUINTA DE COUSELO – QUINTA DE COUSELO, S.L.
POTE DE BRONCE
ABADÍA DA COVA – ADEGAS MOURE, S.A.
4º POSTO E DIPLOMA
PAZO DE SEÑORANS – PAZO DE SEÑORANS, S.L.
5º POSTO E DIPLOMA
BOUZA DO REI – BOUZA DO REI, S.A.T.
6º POSTO E DIPLOMA
PAZO DE VALDOMIÑO  – PAZO DE VALDOMIÑO, S.A.
II CATA DOS LICORES TRADICIONAIS DE GALICIA 2013
I.X. LICOR DE HERBAS
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E POTE DE OURO
BOUZA DO REI – BOUZA DO REI, S.A.T.
2º POSTO E POTE DE PRATA
PAZO DE VALDOMIÑO  – PAZO DE VALDOMIÑO, S.A.
I.X. LICOR CAFÉ
 
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E POTE DE OURO
QUENZA – CUSTOMDRINKS, S.L.U.
Na edición deste ano participaron un total de 194 viños de 130 adegas das diferentes D.O. galegas. Así como 12 augardentes, 7 licores de herbas e 6 licores café, pertencentes a 13 industrias elaboradoras inscritas no Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. O panel de cata estivo composto por 12 expertos no caso dos viños e 7 no das augardentes e licores.

FEIJÓO ASEGURA NON RECORDAR “UNHA UNANIMIDADE TAN CLARA, TAN DIÁFANA E TAN CONTUNDENTE” DA FRONTE COMÚN SOBRE O TAX LEASE E DI QUE “EUROPA NON PODE IR CONTRA EUROPA”

§  Destaca como todas as institucións “comparten ao 100% os argumentos xurídicos, técnicos e económicos para trasladar de forma unánime ao comisario Almunia a necesidade de que modifique ese borrador de resolución”

 “Somos perfectamente conscientes de que estamos nunha encrucillada e que se necesita máis que nunca o sentido común e a boa fe na interpretación das directivas europeas”, apunta

Agradece a postura unánime de todas as partes, así como as “manifestacións do líder da oposición, como o presidente Rajoy conscientes de que nos estamos xogando á industria española completa”

 “Neste momento estamos notificando ao comisario Almunia a necesidade de manter unha xuntanza antes de que se reúna o gabinete de comisarios”, indicou

“Desde logo, a resolución tal e como está é unha certificación de defunción a 14.000 empregos en Galicia e a 87.000 empregos en España”, afirmou

Lembra o lema de Europa que di ‘Unida na diversidade’; “pois unirse na diversidade é unirse fronte a crise que ten a zona euro e moi especialmente a crise de emprego que ten España”, advirte.

 

“SILENCIO, BRISA Y PINTURA” DE LA VIGUESA FERNANDA FERNÁNDEZ SUÁREZ, EN LA CASA EN EL MES DE JULIO

Madrid, 2 de julio de 2013.- Desde hoy martes día 2 de julio, hasta el domingo 28, las salas A y L de la Casa de Galicia, delegación de la Xunta en Madrid, acogerán la exposición “Silencio, brisa y pintura”, de la artista de Vigo Fernanda Fernández Suárez. Su obra, una obra “de exquisita técnica realista, en busca incansable de una perfección que persegue captar con el pincel incluso lo que el ojo no ve”, con una incansable búsqueda de perfección,  intentando plasmar en los lienzos “ese algo más” que el ojo no es capaz de captar, pero “el alma sí”.

La presentación en el acto de inauguración fue a cargo del Coordinador de Actividades Culturales  de la Casa, Ramón Jiménez y en ella hizo un breve repaso por la trayectoria vital y profesional de la artista.

Aunque nacida en Buenos Aires, como consecuencia de la emigración de sus padres, Fernanda Fernández Suárez regresó con ellos a Galicia a los tres años y medio de edad, instalándose en Vigo, donde reside en la actualidad. También en Vigo se inició en la pintura con sólo nueve años, en la Escuela de Artes y Oficios. En primer lugar lo hizo con carboncillo para descubrir las formas y más tarde, “, como si llegara a la mayoría de edad de la pintura” dió el paso al pastel y al óleo para estudiar y trabajar con el color.

Luego se trasladó a Madrid, donde compatibilizó su pasión por la pintura con sus estudios de Políticas y Sociología. La gran diferencia del paisaje castellano marcó la evolución de su estilo. Tras perfeccionar la técnica con el maestro Enrique Sobisch, su personalidad artísitca se decantó definitivamente.

descarga (15)

En 1990 se instaló en Vigo y desde entonces su actividad pictórica no ha cesado, si bien el estudio lo tiene en Baiona.

Para Jiménez, “De Fernanda Fernández Suárez se podrían decir muchas cosas, y digo se podrían decir con toda intención, o sea decir por otros, ya que ella prefiere no hablar apenas sobre su proceso creativo, en definitiva sobre la parte subjetiva de su producción pictórica, esa parte muchas veces invisible como el trozo grande del iceberg que hay que adivinar deduciéndolo del que sobresale del agua”.

Inspirándose en el catálogo elaborado para la exposición, Jiménez señala que “en esencia, es una pintora misteriosa que sabe llegarnos al alma o al corazón o a ambos puntos neurálgicos de nuestra geografía íntima sin necesidad de malabarismos explicativos, tan sólo con su arte, tan sólo con la varita mágica de su pincel y una cantidad enorme de trabajo, que suele ser también la parte oculta del iceberg de los resultados”.

La temática sobre la que pinta es amplia y variada, aunque siempre desde la figuración- Entre sus temas predilectos, están los paisajes, de mar; de montañas; los paisajes urbanos; las ventanas, -siempre vistas desde el exterior-; las escenas deportivas; los paisajes industriales; los bodegones o el “hermosísimo Bautismo de Jesús”, tomado del grupo escultórico de la catedral de Florencia.

La exposición podrá visitarse hasta el 28 de julio. Laborables, en horario de 10 a 14, y de 16 a 20 horas.Domingos y festivos, de 10 a 14 horas.

Novela negra e música infantil protagonizarán o xoves na Feira do Libro de Vigo

ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO O XOVES 4 DE XULLO DE 2013

A Semana da Música Infantil tráenos a Uxía e o seu espectáculo ‘Cantaruxa coa bruxa Maruxa’ e Miguel Anxo Fernández presentarando o seu novo libro.

O xoves a Editorial Galaxia organiza dous actos na Feira do Libro de Vigo para atender a todos os chanzos de idade e intereses. Por unha banda, e dentro da Semana da Música Infantil, a cantante Uxía convertirase na Bruxa Maruxa, un dos personaxes dunha das cancións do libro-disco-DVD, ‘María Fumaça’ para interpretar algunhas das cancións desa obra. A artista de Mos estará acompañada polo guitarrista Sérgio Tannus.
Como o resto dos concertos desta Semana da Música Infantil, o acto celebrarase na Carpa dos Nen@s ás 20 horas.
E preto dalí, tamén ás 20 horas, o escritor Miguel Anxo Fernández presentará, acompañado polo director da Fundación Carlos Casares, Gustavo Adolfo Garrido, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema, unha nova aventura do detective Frank Soutelo e que leva por título, precisamente, ‘Bícame, Frank’