AS SUXESTIÓNS DO PP DE SALCEDA FORON RECOLLIDAS E LEVADAS A CABO DE INMEDIATO

  • Os populares instaban ao arranxo dalgunhas rúas do casco urbano tralas obras de Gas Natural e R
  • Rodríguez Davila lamenta unha nova promesa incumprida referida ao PXOM, “que seguiremos sen telo aprobado a final de lexislatura”

Salceda de Caselas, 2 de xullo de 2013.- Despois de que o Partido Popular de Salceda de Caselas informase nas diferentes reunións celebradas en todas as parroquias do deplorable estado no que se atopaban algunhas rúas do casco urbano, ante a pasividade e a inoperancia do Bipartito, “parece que houbo unha reacción inmediata dende o Concello”, subliña Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e voceiro do PP local. E é que xa se están asfaltando estes viarios do centro por parte de Covsa por orde do Concello e das empresas Gas Natural e R, pois foi por mor de obras relacionadas a estas entidades polo que se levantou o firme. “O noso obxectivo é facer unha oposición construtiva e fiscalizar o labor do Goberno”, indica Rodríguez Davila, “e ao parecer as nosas suxestións foron tidas en conta e postas en marcha de inmediato”.

Por outra banda, o concelleiro popular pronúnciase respecto da información publicada hoxe en diferentes medios de comunicación na que se anuncia a sinatura coa empresa que redactará o PXOM. “Estamos unha vez máis ante outra das promesas incumpridas deste Bipartito, cando a comezos deste 2013 aseguraba publicamente que esta sinatura se levaría a cabo no primeiro trimestre do ano, estando xa no terceiro”. A maiores, o propio Goberno informa agora que non estará listo para final de lexislatura, “outra promesa incumprida, con 8 anos de Bipartito e sen o PXOM aprobado”, conclúe Rodríguez Davila.

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: