Novela negra e música infantil protagonizarán o xoves na Feira do Libro de Vigo

ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO O XOVES 4 DE XULLO DE 2013

A Semana da Música Infantil tráenos a Uxía e o seu espectáculo ‘Cantaruxa coa bruxa Maruxa’ e Miguel Anxo Fernández presentarando o seu novo libro.

O xoves a Editorial Galaxia organiza dous actos na Feira do Libro de Vigo para atender a todos os chanzos de idade e intereses. Por unha banda, e dentro da Semana da Música Infantil, a cantante Uxía convertirase na Bruxa Maruxa, un dos personaxes dunha das cancións do libro-disco-DVD, ‘María Fumaça’ para interpretar algunhas das cancións desa obra. A artista de Mos estará acompañada polo guitarrista Sérgio Tannus.
Como o resto dos concertos desta Semana da Música Infantil, o acto celebrarase na Carpa dos Nen@s ás 20 horas.
E preto dalí, tamén ás 20 horas, o escritor Miguel Anxo Fernández presentará, acompañado polo director da Fundación Carlos Casares, Gustavo Adolfo Garrido, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema, unha nova aventura do detective Frank Soutelo e que leva por título, precisamente, ‘Bícame, Frank’

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: