OS PENDELLOS DE AGOLADA VOLVERÁN CONVERTERSE ESTA FIN DE SEMANA NO CORAZÓN DA ARTESANÍA DE GALICIA
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, presentaron hoxe o II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizada pola Consellería de Economía e Industria
No evento, no que o ano pasado participaron máis de 5.000 persoas, poderase ver o traballo de medio cento de artesáns que representan ata 16 oficios diferentes
A comercialización e a demostración en vivo de artesanía complementaranse coa venda e degustación de produtos gastronómicos, conferencias ou actuacións musicais
Entre as novidades, inclúense varios showcookings de cociñeiros galegos de prestixio e refórzase a programación destinada aos máis novos
A iniciativa enmárcase na estratexia da Xunta de respaldo ao sector artesán, que se centra en aspectos como a innovación, a mellora da comercialización e a formación dos profesionais