Archive | julio 4, 2013

O PROXECTO EUROPEO SUM PROYECT ORGANIZA UN CONCURSO FOTOGRÁFICO SOBRE MOBILIDADE URBANA

 A cidade de Vigo é socia desta iniciativa da Unión Europea,
Sustainable Urban Mobity, que involucra ás urbes na sustentabilidade
 O certame de fotografía Green Dream está orientado a persoas
maiores de 14 anos, residentes en calquera estado da UE co obxectivo de
aumentar a concienciación entre os cidadáns sobre os problemas do
transporte
 A data límite para achegar os traballos é o 31 de xullo na seguinte
dirección electrónica: communicationsum@gmail.com

Vigo, 3 de xullo de 2013– Os socios do proxecto europeo de mobilidade sostible nas
cidades Sum Project lanzan o Green Dream, un concurso fotográfico orientado á maiores de
14 anos residentes en calquera dos estados membros da Unión Europea, co obxectivo de
aumentar a concienciación entre os cidadáns sobre mobilidade urbana e os problemas de
transporte, ademais da relación entre estes e o medio ambiente nas cidades.
O concurso fotográfico está organizado polos socios do Sum Project, baixo a supervisión so
concello de Messina, responsable da difusión do proxecto. O obxectivo é estimular a
creatividade e a concienciación dos cidadáns que participen, animándoos a representar o
impacto da mobilidade urbana nas zonas, distritos e medio nos que a xente vive, traballa,
estudia e viaxa. Por medio das fotos, os participantes poden expresar os seus puntos de
vista, as súas sensacións sobre as as posibles melloras dos sistemas de transporte urbano ou
como os problemas de mobilidade urbana impactan nas súas vidas.
Os participantes poden interpretar libremente os medios de transporte e os contextos que
lles rodean, obtendo imaxes de sistemas de tranporte por estrada, ferrocarril o marítimo. O
concurso fotográfico iniciouse no mes de xuño e todos os materiais disitalizados poderán ser
enviados ata o 31 de xullo na seguinte dirección electrónica:
communicationsum@gmail.com .
Para participar, pódese obter máis información sobre o certame en Photo Constest
Regulation, que pode ser descargada da páxina web: http://www.sumproject.eu ou desde a páxina
de Facebook do proxecto Sum “Sustainable Urban Mobility.
Comprobarase que todas as fotos cumpran con todos os requerimentos recollidos nas bases
reguladoras e todas aquelas que sexan aceptadas, serán publicadas na páxina de Facebook
ata o 30 de setembro onde poderán ser seleccionadas por medio dun sistema de votación on
line (cuenta el número de I like). As dez fotos que obteñan maior puntuación pasarán a unha
segunda fase de votacións onde a Comisión de Adxudicación de premios do concurso
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17
-formada polas persoas de conctacto do socios do Sum Project- emitirán a súa opinión de
acordo ao seu criterio técnico.
As persoas gañadoras que obteñan o primeiro e segundo posto serán premiadas cunha
bicicleta ou un kit de transformación de bicicleta eléctrica, respectivamente. Ademais, as
persoas que queden entre os dez primeiros recibirán unha camiseta. A publicación dos
gañadores terá lugar el 18 de outubro de 2013.
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17

MARÍN E CANGAS ACOLLEN ESTA TARDE CADANSÚA CHARLA INFORMATIVA SOBRE PREFERENTES

  • Os afectados de Ponteareas, Nigrán, Baiona, Valga e O Porriño recibiron o luns e o martes a información ofrecida por letrados especialistas
  • Estes encontros completan o labor das oficinas de asesoramento legal, que desde a súa posta en funcionamento levan atendido a máis de 1000 persoas Leer Más…

XUVENTUDE DESTINA 700.000 EUROS PARA POTENCIAR AS ACTIVIDADES DOS CONCELLOS DIRIXIDAS Á MOCIDADE

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde de subvencións
  • Cada proxecto municipal terá unha subvención máxima de 3.000 euros, que se poderá incrementar ata os 6.000 no caso de que sexa unha solicitude conxunta entre varias entidades locais

Santiago, 3 de xullo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destina un total de 700.000 euros para promover as actividades que desenvolven os concellos dirixidas á mocidade.

Esta liña de axudas ten como obxectivo principal potenciar os servizos municipais de información xuvenil, así como fomentar actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e tempo libre, o asociacionismo xuvenil e promover a utilización das novas tecnoloxías por parte da xuventude.

Cada un dos proxectos municipais terá unha subvención máxima de 3.000 euros, que se poderán incrementar ata os 6.000 no caso de que sexa unha solicitude conxunta dunha agrupación de concellos, de mancomunidades, ou dunha fusión de municipios.

Serán obxecto de axuda, por unha banda, os custos derivados do funcionamento do servizo de información xuvenil, incluídas as actividades que desenvolvan; e, por outra banda, tamén se financiarán as iniciativas formativas e educativas relacionadas coa creación xuvenil, os programas de información e asesoramento, ocio e tempo libre e, en xeral, todas aquelas actividades relacionadas co fomento da participación e o asociacionismo xuvenil que estean destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

O prazo para participar nesta orde está aberto ata o 3 de agosto e os proxectos deberán estar concluídos o día 15 de outubro.

A concesión de subvencións realizarse en réxime de concorrencia competitiva. Os criterios de avaliación dos proxectos serán o bo funcionamento das oficinas municipais de información xuvenil, segundo os informes técnicos das xefaturas territoriais; as características innovadoras, viables e formativas; o número de beneficiarios potenciais; a pertenza a unha zona rural ou o emprego da lingua galega.

As iniciativas presentadas poderán acadar unha puntuación superior se, ademais dos criterios anteriores, son presentados de forma conxunta por varios concellos.

 

Miguel Flores Trío leva flamenco de calidade mañá xoves a Vigo

Mañá xoves día 4 de xullo Miguel Flores Trío continúa a súa andadura musical en Vigo. O impulso do flamenco en Galicia chega da man dos músicos Miguel Flores, Pablo Pérez e Carlos Freire ás 22:30 horas ao pub El Contrabajo da rúa Venezuela, número 82, con entradas a catro euros.

Nesta ocasión o guitarrista gaditano Miguel Flores ofrécenos unha selección das súas mellores composicións, nas que plasma a súa visión persoal da guitarra flamenca contemporánea. A cita terá lugar no pub El Contrabajo da rúa Venezuela de Vigo ás 22:30, con entradas a 4 euros, e súmase á serie de concertos que o Trío está a ofrecer desde a súa recente creación entre os que destacan os celebrados en Noia e Compostela.
Para este proxecto, Miguel Flores conta coa colaboración de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire á percusión, que contribúen coa súa experiencia e versatilidade á creación “dun son tan ecléctico como profundo”, tal e como afirma o guitarrista gaditano afincado en Galicia. Neste sentido, poderemos gozar dun coidado repertorio a cargo dos tres músicos que nos amosará o bo facer e a actualidade da música flamenca no país.

Miguel Flores Trío

Miguel Flores Trío leva dous anos dando forma a un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías, ao que se suman temas de Carles Benavent ou Renaud García-Fons ademais das súas propias composicións, tal e como explica o líder do grupo, Miguel Flores.

O proxecto que está dando a coñecer o Trío leva por título ‘Belyounech’, o nome dunha idílica aldea marroquí, apunta o guitarrista do grupo. Segundo el, os temas de ‘Belyounech’ “transpórtanos ás paisaxes do norte de África”, onde o líder da banda residiu durante a súa infancia e descubriu a súa paixón pola música.
 

ASETRANSPO HONRA A SU PATRÓN SAN CRISTOBAL CON UNA GRAN FIESTA QUE REUNIRÁ A TODA LA FAMILIA DEL TRANSPORTE

descarga (18)  Los actos se celebrarán el domingo, 14 de julio, en la Finca de San Roque a partir de las 12.30 horas. Habrá Misa Solemne cantada, bendición de vehículos y comida de confraternidad con música y animación para los más pequeños de la casa

SEIS VINOS DE LA DENOMINACIÓN DE ORIGEN MONTERREI PREMIADOS EN LA XXV CATA DE LOS VINOS DE GALICIA

En la gala de ayer, celebrada en el Hostal de los Reyes Católicos , organizada por la Conselleria de Medio Rural e do Mar y presidida por Alberto Núñez Feijoo, presidente de la Xunta de Galicia.

En la cata participaron 194 vinos de 130 bodegas, y El Presidente quiso señalar que la Xunta ”arropa y acompaña “al sector en esta travesía de darse a conocer en el exterior con un incremento del 50 % de las ayudas públicas para internacionalizar el vino hasta llegar a los 1,5 millones de euros

Recordó también el Presidente que 230.000 personas ejercen la titularidad de algún vino en Galicia, que el sector industrial del vino emplea de forma directa a más de 1000 personas y que genero el año pasado 153,8 millones de euros.

RELACIÓN DE PREMIADOS PERTENECIENTES A LA D.O. MONTERREI.

1º POSTO E ACIO DE OURO    QUINTA DO BUBLE GODELLO – QUINTA DO BUBLE, S.L.

2º POSTO E ACIO DE PRATA   LADAIRO GODELLO – BODEGAS LADAIRO, S.L.

3º POSTO E ACIO DE BRONCE   GARGALO TREIXADURA E ALBARIÑO – GARGALO, S.L.

4º POSTO E DIPLOMA  CREGO E MONAGUILLO GODELLO – CREGO E MONAGUILLO, S.L.

5º POSTO E DIPLOMA    1943 FATHER MENCÍA – CREGO E MONAGUILLO, S.L.

6º POSTO E DIPLOMA   STIBADIA GODELLO E TREIXADURA– BODEGA TABÚ, S.L.N.E.

 

Feira do Libro – Caseta Editorial Galaxia

A reposteira Merchi Rodal estará presente desde as 20,00 h., o xoves 4 de xullo, na caseta da Editorial Galaxia, para realizar un obradoiro de lambetadas, cunha pequena degustación para o publico asistente.

Merchi Rodal é a autora do libro “AS LAMBETADAS DE LARPEIROS”.

AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria e as Bases reguladoras das axudas á Internacionalización das empresas galegas. Os procedementos convocados son os destinados a apoiar misións internacionais inversas, proxectos de prospección internacional e o Pograma Primex para facilitar a primeira implantación promocional en mercados exteriores.
IG124 – Misións inversas. Ficha resumo
IG173 – Prospección internacional. Ficha resumo
IG158 – Plan Primex. Ficha Resumo

 

www.igape.es

Bases reguladoras e convocatoria das axudas para a contratación de Xestores de internacionalización

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.
O prazo de presentación de solicitudes polas empresas interesadas remata o próximo 15 de xullo.
 

 

www.igape.es

MARCO: inauguración PROJECT MOSCOW – Vigo

 

image003

Marta Alvim, Christian García Bello, Jacobo Bugarín,

Federico Vladimir Strate Pezdirc

Comisario: Alberto Carton

 

 

Datas: 4 xullo – 8 setembro 2013

Lugar: salón de actos

Horario: martes a sábados, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

Pechado os luns

De esq. a dta. e de arriba abaixo: Jacobo Bugarín, Carta a las generaciones futuras, 2012; Federico Vladimir Strate Pezdirc, Vladimir x3 el Grande, 2012; Christian García Bello, Los Tres Estanques, 2012; Marta Alvim, The Death of an Owl, 2012. Fotogramas de vídeo. Cortesía dos artistas

 

PRESENTACIÓN

Dende o xoves 4 de xullo, o salón de actos do MARCO acolle PROJECT MOSCOW, unha mostra comisariada por Alberto Carton e concibida como obra única, formada por catro videocreacións que mostran as experiencias na capital rusa de catro artistas: Marta Alvim, Christian García Bello, Jacobo Bugarín e Federico Vladimir Strate Pezdirc. En formato vídeo monocanle, exhíbese no Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata o 8 de setembro.

OBRAS EN EXPOSICIÓN

Marta Alvim, The Death of an Owl, 2012, vídeo HD, cor, son, 9’45’’

Christian García Bello, Los Tres Estanques, 2012, vídeo HD, b/n, son, 8’25’’

Jacobo Bugarín, Carta a las generaciones futuras, 2012, vídeo HD, b/n, son, 10’46’’

Federico Vladimir Strate Pezdirc, Vladimir x3 el Grande, 2012, vídeo HD, cor, son, 24’

SÍNTESE DO PROXECTO

PROJECT MOSCOW é unha exposición concibida como unha obra única, formada por catro videocreacións que mostran as experiencias na capital rusa de catro artistas: Marta Alvim (O Porto, 1979), Christian García Bello (A Coruña, 1986), Jacobo Bugarín (Santiago de Compostela, 1983) e Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bos Aires, 1983). Durante varios meses percorreron, gravaron, fotografaron e viviron a cidade de Moscova a través das súas rúas e habitantes.

O resultado foi a creación dunha obra en vídeo por cada un dos artistas participantes, producidas por 9THE13LAB (Dánada Libertas, A Coruña), e un documental sobre o proxecto realizado polo cineasta Rogelio Fernández e o compositor Ismael Berdei. PROJECT MOSCOW presentouse ao público por primeira vez en decembro de 2012 no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC). No caso do MARCO, o proxecto exhíbese en formato vídeo monocanle, no espazo do salón de actos.

PROJECT MOSCOW funciona como vértice no que converxen as sensibilidades de catro artistas, dende a inquietude suscitada por un ámbito urbano descoñecido para todos eles. Neste proceso, interiorizan e expoñen elementos non só creativos, senón tamén de reflexión individual sobre a pegada psicolóxica da percepción e o seu reflexo na plástica e na videoarte. A idea do desprazamento a un espazo xeográfico descoñecido ábrese a factores nos que o individuo se converte en protagonista actoral da súa propia existencia.

A particularidade deste proxecto é o tratamento colectivo dunha acción artística nunha cidade allea que, malia a súa aparente uniformidade de criterio, é profundamente variable ao conxugar as personalidades de catro individuos. Os resultados, dende unha mesma localización, fannos tomar conciencia dos diferentes estados anímicos, da súa influencia no subconsciente, da transmisión de conceptos entre a sensibilidade, a percepción e a súa conversión en linguaxe.

Abordar un proxecto dende a distancia, sen a influencia inmediata da contorna, sumerxe á persoa nun estado case de ensoñación, onde o principal amarre, o respiro e a seguridade, proceden dun mesmo para poder enfrontarse ao caos externo, á agresión do estraño.

Nas catro propostas artísticas de PROJECT MOSCOW, a introspección, a análise, o proceso de investigación, a aceptación do desencontro dende o encontro, xeran un resultado que se estrutura en torno á dependencia da memoria, do inmaterial, e da xustificación dun mesmo ante unha sociedade despoxada da seguridade máis cotiá ou inmediata.