XUVENTUDE DESTINA 700.000 EUROS PARA POTENCIAR AS ACTIVIDADES DOS CONCELLOS DIRIXIDAS Á MOCIDADE

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde de subvencións
  • Cada proxecto municipal terá unha subvención máxima de 3.000 euros, que se poderá incrementar ata os 6.000 no caso de que sexa unha solicitude conxunta entre varias entidades locais

Santiago, 3 de xullo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destina un total de 700.000 euros para promover as actividades que desenvolven os concellos dirixidas á mocidade.

Esta liña de axudas ten como obxectivo principal potenciar os servizos municipais de información xuvenil, así como fomentar actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e tempo libre, o asociacionismo xuvenil e promover a utilización das novas tecnoloxías por parte da xuventude.

Cada un dos proxectos municipais terá unha subvención máxima de 3.000 euros, que se poderán incrementar ata os 6.000 no caso de que sexa unha solicitude conxunta dunha agrupación de concellos, de mancomunidades, ou dunha fusión de municipios.

Serán obxecto de axuda, por unha banda, os custos derivados do funcionamento do servizo de información xuvenil, incluídas as actividades que desenvolvan; e, por outra banda, tamén se financiarán as iniciativas formativas e educativas relacionadas coa creación xuvenil, os programas de información e asesoramento, ocio e tempo libre e, en xeral, todas aquelas actividades relacionadas co fomento da participación e o asociacionismo xuvenil que estean destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

O prazo para participar nesta orde está aberto ata o 3 de agosto e os proxectos deberán estar concluídos o día 15 de outubro.

A concesión de subvencións realizarse en réxime de concorrencia competitiva. Os criterios de avaliación dos proxectos serán o bo funcionamento das oficinas municipais de información xuvenil, segundo os informes técnicos das xefaturas territoriais; as características innovadoras, viables e formativas; o número de beneficiarios potenciais; a pertenza a unha zona rural ou o emprego da lingua galega.

As iniciativas presentadas poderán acadar unha puntuación superior se, ademais dos criterios anteriores, son presentados de forma conxunta por varios concellos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: