A XUNTA DEFENDE QUE A ARBITRAXE CONTINÚE ABERTA PARA OS AFORRADORES ENGANADOS E SALIENTA O RIGOR E A EFICACIA DESTA VÍA QUE CONSEGUIU QUE 2 DE CADA 3 RECUPERARAN OS SEUS AFORROS
A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez Abeal, defende esta vía como un “mecanismo pioneiro, garantista, imitado e tomado como solución noutros procesos similares a nivel estatal”
Destaca que a Xunta se posicionou desde o primeiro momento ao lado dos aforradores vítimas dunha mala comercialización de preferentes e subordinadas
Lembra que os criterios de arbitraxe son públicos e están establecidos polo FROB e que o ritmo da arbitraxe respondeu en todo momento ás aceptacións do banco
O Goberno galego respalda a arbitraxe como a formula máis áxil e gratuíta para que o 100% dos aforradores que sufriron mala comercialización recuperen a totalidade dos seus cartos, e insta ao banco a aceptar aqueles casos que conten con entidade de razón.