Concello de Vigo

O Concello abre unha nova oficiña de información sobre o plan para familias afectadas pola crise

O Plan Social contra a crise arranca o luns coa instalación dunha oficiña municipal na que se facilitará información sobre os trámites para solicitar esta axuda económica. Dotado con 2.750.000 euros, Vigo é o único concello de España que ofrece este un plan destas características, segundo apuntou Abel Caballero en rolda de prensa.

 


O alcalde inicia coas asociacións de veciños a mobilización da cidade en defensa do naval

Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e os responsables das tres principais centrais sindicais, comezou este venres a rolda de contactos con entidades para “sensibilizar” á cidadanía na defensa do sector ante a inminente resolución europea sobre o tax lease. As asociacións veciñais amosaron o seu “apoio absoluto”.

 


Vigo conta cun Centro de Interpretación que explica a relación histórica da cidade co seu contorno natural

O alcalde e a tenente de alcalde inauguraron hoxe venres, xunto ao edil de Turismo, na rúa Cánovas do Castillo o Centro de Interpretación de Vigo e a súa ría, que permite percorrer a historia da cidade e a relación co seu contorno. Neste mesmo acto, presentou o proxecto Vivevigo Hospitaly, unha iniciativa destiñada aos hoteis para que poidan facilitar aos seus clientes o acceso ás distintas posibilidades culturais, de ocio e comerciais da cidade.

 


Caballero revela tres novas sentencias que avalan a seguridade xurídica do Plan Xeral de Vigo

O alcalde informou este venres das tres decisións xudiciais favorables aos intereses municipais, que veñen sumarse á resolución do Tribunal Supremo que tamén avala o Plan Xeral e o incremento da vivenda protexida ata o 47%. Caballero esixíu responsabilidades a todos aqueles que alegaron inseguridade xurídica para oporse á aprobación do PXOM.

 


A novena edición de ImaxinaSons, o festival de jazz de Vigo chega ao seu fin o sábado 6 de xullo.

Mostly Other People Do the Killing, unha das figuras máis destacadas deste festival será un dos responsables de poñer fin á penúltima xornada desta novena edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, o venres 5 a partir das 21.00h no Auditorio Municipal do Concello. Ademais, o festival contará con Richard Galliano o sábado 6 de xullo ás 23.00h na Praza da Constitución

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: