concerto de Los Lentos, en Detrás do Marco
O sábado 6 de xullo (20:30 horas) actuará na terraza de Detrás do Marco (r./ Londres s/n) o grupo galego de rock/blues/funky “Los Lentos” (entrada libre).
Esta formación editou o seu primeiro disco «Los Lentos 1.0″ con Arca de Noé. Este primeiro traballo foi gravado, editado e mesturado nos estudos Casa de Tolos en Gondomar (Pontevedra). Desta forma, o grupo comezou a súa carreira musical, ofrecendo temas propios con influencias dos grandes clásicos do rock&roll, blues e funky. Tras tocar en varios locais e salas viguesas, recaen de novo en Casa de Tolos para gravar o seu novo traballo ”Perdón por el retraso».
Actualmente este grupo de promesas musicais (entre 16 e 19 anos) encóntrase traballando en nova música para conseguir un son máis maduro para progresar na súa carreira musical.