PUNTO DE ENCONTRO SECTORIAL COA PLATAFORMA EMPRESARIAL DE COLOMBIA
Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.
Entre os días 9 a 12 de xullo a directora da Plataforma da Rede Pexga en Colombia estará en Santiago de Compostela para manter encontros de traballo sectoriais.
Martes 9 de xullo de 10:00 a 14h. Taller dedicado a construción, materiais de construción, hábitat, contract, enerxías renovables e servizos relacionados.
Mércores 10 de xullo de 10:00 a 14h. Taller dedicado a textil, TIC, audiovisual, producto gráfico e outros bens de consumo e servizos.
Xoves 11 de xullo de 10:00 a 14h. Taller dedicado a industria naval, automoción, outra industria e servizos relacionados.
Venres, 12 de xullo de 10:00 a 14h. Taller dedicado a alimentación e servizos relacionados.
Estes talleres están dirixidos a informar sobre este mercado e a poñer en contacto empresas para intercambiar experiencias, identificar posibles sinerxías e detectar potenciais oportunidades de actuación conxunta.
Ao finalizar o taller, e pola tarde, as empresas participantes poderán manter –no caso de estaren interesadas- entrevistas individuais coa directora da plataforma, por orde de inscrición no taller.
As plataformas empresariais foron postas en marcha grazas ao acordo de cooperación entre Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa finalidade de apoiar a internacionalización das empresas Galegas en destino.
Prazas limitadas (dado o formato do taller só pode asistir unha persoa por empresa).
Máis información: 902 300 903