A DEPUTACIÓN PROMOVE O AUTOEMPREGO NO RURAL POR MEDIO DO PROGRAMA AQUELANDO 3

·  descarga      Poranse en marcha 6 obradoiros de emprendemento orientados a impulsar a creación de empresas e servizos de proximidade

A Deputación Provincial de Pontevedra, a través do programa Aquelando 3, porá en marcha 6 obradoiros de emprendemento orientados a promover o autoemprego no rural e a facilitar a creación de empresas e servizos de proximidade noutras tantas áreas da provincia.

Así quedou de manifesto na última xuntanza do Pacto pola Calidade e a Productividade Social no Emprego reunido en Vigo baixo a presidencia da deputada Marta Iglesias e no que tamén participaron representantes da Mancomunidade do Salnés, do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado–Paradanta, da Mancomunidade Umia-Ulla,  de COGAMI, AEIGA, Cruz Roja, FADEMUR, FADEMGA, AEMPE, Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Asociación de Empresarias de Pontevedra e Asociación de Pequenas Empresas de Galicia, ademais de técnicos do proxecto Aquelando e o responsable de Príncipe Felipe, José Manuel Fernández.

Na xuntanza avanzouse na planificación destes obradoiros, que se desenvolverán un en cada unha das 6 comarcas adheridas ao Pacto, que son as de Ulla-Umia, Baixo Miño, Terras de Deza, O Salnés e Val Miñor, e o Grupo de Desenvolvemento Rural de Condado-Paradanta,

Obxectivos

A finalidade dos obradoiros que se van poñer en marcha é ofrecer aos emprendedores ferramentas eficaces para a creación de cooperativas , impulsar a creación de emprego con base na economía social.

Nos obradoiros, os participantes recibirán apoio e formación para a detección de necesidades e a posta en marcha de ideas de negocio innovadoras, terán ocasión de analizar casos reais de éxito para que poidan coñecer os factores que inflúen no funcionamento dun novo negocio, formaranse na xestión administrativa de cooperativas e recibirán información sobre axudas ao emprendemento, entre outras materias

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: