Archive | julio 9, 2013

A EDITORIAL GALAXIA BOTA A ANDAR UNHA WEB DEDICADA Á TRILOXÍA FANTÁSTICA ‘AS CRÓNICAS DE LANDEREINA’

image001

Os seguidores da triloxía fantástica creada por Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA teñen, dende hoxe martes, dispoñible na rede unha web dedicada aos tres libros. Hai unhas semanas saiu do prelo, e xa está a ser un importante fenómeno de vendas, ‘Bágoa de lúa’, o primeiro dos tres desta historia protagonizada pola amazona Berenguela.
Na web, presente no enderezo http://www.landereina.com, os lectores e lectoras poderán acceder a toda a información que está a xerar a novela, aos mapas da xeografía do reino de Landereina, a unha relación completa de todos os personaxes (a súa vida, relación con outros personaxes, etc.), información sobre a autora, galería fotográfica…
En defintiiva, unha poderosa web que permitirá seguir gozando, máis aínda, do marabilloso mundo literario creado por Sabela González neste o seu primeiro libro de debut, dos tres que conformarán unha triloxía que xa está a conmocionar a literatura galega neste xénero de fantasía.

A XUNTA PON EN MARCHA MOBEM, UNHA APLICACIÓN QUE PERMITIRÁ Á CIDADANÍA FACER XESTIÓNS CO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DESDE O MÓBIL

  • Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presentaron hoxe en Santiago esta nova ferramenta
  • Unha das principais vantaxes de Mobem é que ofrecerá aos usuarios a posibilidade de renovar a súa demanda de emprego desde o móbil
  • Os galegos poderán consultar en tempo real si se atopan seleccionados para unha oferta laboral ou para un curso de formación
  • Mato destacou que esta iniciativa forma parte do Plan integral de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) que desenvolve a Xunta desde 2009 e que na pasada lexislatura supuxo un investimento de 24 millóns de euros
  • Pereira afirmou que é a primeira ferramenta que a Administración autonómica pon a disposición dos usuarios no espazo ‘Xunta’, onde se publicarán todas as aplicacións do sector público galego nos dispositivos móbiles Leer Más…

exposición de “MOSTARTE”. Galería Alcaldía de Vigo

descarga (3)  miércoles día 10, a las 13 h. inauguremos una nueva exposición de “MOSTARTE”. Será, como siempre,  en las dependencias de la Alcaldía de Vigo, con obras de ANGELES MERA y JESUS DA ROSA para refrescarnos visualmente en esta estival ocasión.

 

PP de Vigo

El Grupo Popular denuncia el caos en el estacionamiento en las playas y la falta de alternativas del gobierno municipal cada verano

  • “No existe un proyecto de ciudad y eso implica que tampoco hay planes específicos para este tipo de situaciones, que perjudican a miles de vigueses y de visitantes”, censura el concejal del PP, Marcos Araújo.
  • “La falta de planificación afecta también al estacionamiento de los vehículos de los feriantes que llegan a finales de junio; en otras ciudades ese problema está resuelto, con lugares acondicionados para ellos, pero en Vigo, no”, critica la concejala del Grupo Popular, Teresa Cendón.
  • La edil del PP recalca que “la única alternativa del gobierno municipal es la ‘favela de Navia’, donde malviven unas 70 familias que trabajan en las principales fiestas del municipio”.

Noia acolle este mércores a presentación do último disco de Sérgio Tannus Trio ‘Son Brasilego’

descarga (2)  Un dos mellores multiinstrumentistas que podemos ver en Galicia a día de hoxe estará este mércores na Plazuela da Vila de Noia. É Sérgio Tannus quen, xunto con Paulo Silva á percusión e Gutier Álvarez ao violino e a zanfona conforman Sérgio Tannus Trio. Será ás 22:30 e con entrada de balde cando poidamos gozar dos temas de ‘Son brasilego’, o último traballo destes grandes atistas.

Paulo Silva (voz e percusións) e Gutier Álvarez (zanfona e violino) acompañarán o multiinstrumentista brasileiro nesta presentación. Será ás 22:30 na Plazuela da Vila de Noia e con entrada de balde cando poderemos escoitar as guitarras, gaitas, voces e demais instrumentos destes xeniais músicos. A actuación enmárcase no ciclo ‘Músicas ao día’ da Central Folque, así como no circuito ‘Rúas vivas’ do Concello de Noia.

Neste traballo quixo Tannus compartir pezas con artistas galegos cos que viviu “inesquecibles” momentos musicais nos anos que leva vivindo en Galiza: Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Uxía, Najla Shami, Xabier Díaz, Narf e moitos outros, xunto con músicos portugueses, brasileiros, angolanos e doutras nacionalidades. ‘Son brasilego’ é, daquela, unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil.

A “brasileguidade”

Segundo Tannus, ‘Son brasilego’ “aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Tannus leva desde 2006 vivindo en Galiza e desenvolvendo a súa faceta multiinstrumental no noso país. Colaborador co tecido cultural galego desde a súa chegada, soubo ver e valorar as e os artistas cos que se atopou durante todos estes anos, e cos que quixo establecer unha relación musical enriquecedora para ambas as dúas partes. Precisamente, é grazas a esa mesta rede musical e ao pulo que a súa mestría deu a moitas formacións e solistas galegos/as que nace este proxecto discográfico, “para que quede constancia delas e isto non sexa máis que un comezo”, indica o propio Sérgio Tannus

Concello do Porriño

descarga (1)  TEATRO EN PORRIÑO POR SAN BENITO

El grupo Atrezo Teatro representará “Un conto real” este viernes, a las 22.00 horas, en la plaza de San Sebastián