Noia acolle este mércores a presentación do último disco de Sérgio Tannus Trio ‘Son Brasilego’

descarga (2)  Un dos mellores multiinstrumentistas que podemos ver en Galicia a día de hoxe estará este mércores na Plazuela da Vila de Noia. É Sérgio Tannus quen, xunto con Paulo Silva á percusión e Gutier Álvarez ao violino e a zanfona conforman Sérgio Tannus Trio. Será ás 22:30 e con entrada de balde cando poidamos gozar dos temas de ‘Son brasilego’, o último traballo destes grandes atistas.

Paulo Silva (voz e percusións) e Gutier Álvarez (zanfona e violino) acompañarán o multiinstrumentista brasileiro nesta presentación. Será ás 22:30 na Plazuela da Vila de Noia e con entrada de balde cando poderemos escoitar as guitarras, gaitas, voces e demais instrumentos destes xeniais músicos. A actuación enmárcase no ciclo ‘Músicas ao día’ da Central Folque, así como no circuito ‘Rúas vivas’ do Concello de Noia.

Neste traballo quixo Tannus compartir pezas con artistas galegos cos que viviu “inesquecibles” momentos musicais nos anos que leva vivindo en Galiza: Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Uxía, Najla Shami, Xabier Díaz, Narf e moitos outros, xunto con músicos portugueses, brasileiros, angolanos e doutras nacionalidades. ‘Son brasilego’ é, daquela, unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil.

A “brasileguidade”

Segundo Tannus, ‘Son brasilego’ “aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Tannus leva desde 2006 vivindo en Galiza e desenvolvendo a súa faceta multiinstrumental no noso país. Colaborador co tecido cultural galego desde a súa chegada, soubo ver e valorar as e os artistas cos que se atopou durante todos estes anos, e cos que quixo establecer unha relación musical enriquecedora para ambas as dúas partes. Precisamente, é grazas a esa mesta rede musical e ao pulo que a súa mestría deu a moitas formacións e solistas galegos/as que nace este proxecto discográfico, “para que quede constancia delas e isto non sexa máis que un comezo”, indica o propio Sérgio Tannus

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: