Archivo | julio 10, 2013

A XUNTA APROBA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM DE VIGO CO FIN DE MELLORAR AS CONDICIÓNS DE EDIFICACIÓN NO TERMO MUNICIPAL

  • O ámbito da modificación ciñese ao solo urbano consolidado cualificados polas ordenanzas 3 e 4 que recolle o Plan Xeral da cidade viguesa
  • A modificación puntual poisibilitará aos propietarios de soares poder edificalos, sen ter que incrementar a intensidade de uso do solo
  • O Concello de Vigo dispón na actualidade dun PXOM aprobado parcialmente no ano 2008 e de xeito íntegro no 2009

Santiago, 9 de xullo de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM do Concello de Vigo. Esta nova orde afecta á alineación interior dos edificios de todo o termo municipal, e a súa aplicación ciñese concretamente ao solo urbano consolidado cualificados polas ordenanzas 3 e 4.

A modificación urbanística fundaméntase en razóns de interese público esixidas na LOUG  e que se formulan co fin de posibilitar o dereito dos propietarios de solares en solo urbano consolidado de poder edificalos, sen ter que incrementar a intensidade de uso do solo prevista inicialmente no PXOM da cidade de Vigo.

A nova orde suprimirá o incremento de tres metros no fondo edificable para as parcelas cualificadas coas ordenanzas 3 e 4, e respecto da ordenanza 4 se permitirá modificar a dimensión do fondo edificable establecida para usos dotacionais ou terciarios.

Cómpre lembrar que a competencia para resolver sobre a Aprobación Definitiva das Modificacións de planeamento xeral lle corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 de Decreto 44/2012, de 19 de xaneiro.

Antecedentes

O Concello de Vigo dispón na actualidade dun PXOM aprobado parcialmente no ano 2008 e de xeito íntegro no 2009.

A presente Modificación Puntual foi acordada polo Concello vigués en xuño de 2012 e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental decidiu non someter a proposta ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

O proxecto foi aprobado provisionalmente polo pleno municipal do 17 de decembro de 2012.

 

 

A DEPUTACIÓN BUSCA QUE A VOLTA A ESPAÑA SIRVA TAMÉN DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL A TRAVÉS DA INICIATIVA “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA”

Estableceranse premios económicos de 4.000€ para o primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo.

  • ·        As candidaturas deberán presentarse antes do 5 de agosto.
  • ·        O modelo de solicitude e as bases da convocatoria poden consultarse na páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.

A deputada, Begoña Estévez, presentou hoxe a segunda edición da iniciativa “Pola Miña Vila pasa a Volta”, unha actividade a través da cal a Deputación pretende implicar a todos os municipios para ofrecer a mellor imaxe  da provincia co gallo da celebración da 68 edición da Volta Ciclista a España que se  24 ó 27 de agosto, con saída oficial dende as Rías Baixas e o seu paso en catro etapas por 35 concellos desta circunscrición.

 

AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria e as Bases reguladoras das axudas á Internacionalización das empresas galegas. Os procedementos convocados son os destinados a apoiar misións internacionais inversas, proxectos deprospección internacional e o Pograma Primex para facilitar a primeira implantación promocional en mercados exteriores.
IG124 – Misións inversas. Ficha resumo
IG173 – Prospección internacional. Ficha resumo
IG158 – Plan Primex. Ficha Resumo
Por outra parte, o prazo de presentación de solicitudes para as axudas á contratación de xestores de internacionalización remata o próximo 15 de xullo.

 

www.igape.es

Comunicado Concello de Vigo

Vigo, 9 de xullo de 2013.- Unha muller sen identificar perdeu esta mañá á vida no Hospital
Xeral, logo de ser atendida na praia de Canido por un posible afogamento. Ás 11,33 desta
mañá, os servizos de salvamento do Concello recibiron unha chamada do 061 solicitando o
envío dunha ambulancia á Canido por un posible afogamento dunha muller de idade
avanzada. Unha vez chegados ao punto, ao que chegou tamén á Policía Local, unha
enfermeira do Hospital Xeral fora de servizo, trataba de reanimar á vitima iniciando
maniobras de Reanimación Cardio Pulmonar. Esta profesional foi relevada pola dotación da
amulancia dos servizos municipais, quen realizou RCP, aplicou osíxeno á paciente, ademais
de tratala co Desfibrilador Externo Semiautomático. Aproximadamente aos 4 minutos do
inicio das maniobras, chegou a ambulancia medicalizada do 061, quen continuou coas
maniobras. A paciente entrou na ambulancia do 061 ás 12,17 horas e foi trasladada con
pulso ao Hospital Xeral de Vigo ás 12,37 horas. A muller morreu en dependencias
hospitalarias.
A Policía Local investiga nestes momentos o acontecido porque non hai testemuñas
presenciais do suceso.
Concello de Vigo

A XUNTA MOBILIZARÁ ATA 2020 MAIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS PARA ESTENDER A REDE DE PUNTOS LIMPOS AO 100% DA POBOACIÓN

  • A rede galega de puntos limpos aumentará un 73%, pasando dos 132 xa executados aos 296 previstos
  • O obxectivo deste programa é mellorar a xestión dos residuos a nivel autonómico e salvagardar os montes galegos da agresión dos vertidos incontrolados
  • O novo complexo de reciclaxe e recollida de residuos de Mos conta cun almacén de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos), ademais dun almacén destinado a residuos especiais; e 26 contedores

 

Santiago, 9 de xullo de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inspeccionou esta tarde o punto limpo situado no parque empresarial de Mos, posto en funcionamento desde os inicios deste mes, no que a Xunta investiu máis de 250.000 euros.

 

Nestes momentos existen en Galicia un total de 132 puntos limpos en diferentes concellos ao longo da comunidade galega: 50 na Coruña, 30 en Lugo, 21 en Ourense e 31 en Pontevedra. A finais de ano ascenderán a 137, unha vez rematados os que están en construción en Nigrán, Fene, Sada, Trabada e A veiga.

 

O conselleiro percorreu as instalacións de Mos acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo. Dispoñen de dúas plataformas a distinto nivel, separadas por unha zona de carga e descarga e co desnivel axeitado para facilitar a vertedura en colectores. A maiores cabe destacar o almacén de residuos especiais e a caseta de recepción,situadas ao lado co obxecto de evitar un menor desprazamento dos produtos dentro do recinto. Para completar a obra, dotouse este punto limpo dun almacén de RAAES (residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos); ademais de 26 contedores:

 

  • 6 Contedores abertos de 20m³ para madeira, metais, entullos voluminosos e plástico.
  • Un contedor metálico de roupa, de 3m³
  • Un contedor metálico para cartón, de 3m³
  • Un contedor tipo iglú para papel, de 2.500 litros.
  • Un contedor tipo iglú para envases, de 2.500 litros.
  • Un contedor de dobre caco (negro) para disolventes, de 600 litros.
  • Un contedor de dobre casco (verde) para aceites minerais, de 600 litros.
  • UN contedor de dobre casco /( laranxa) para aceites vexetais, de 600 litros.
  • Un contedor para pilas, de 20 litros.
  • Dous contedores  para fluorescentes, de 1. 400 litros.
  • Dous contedores para baterías de 650 litros.
  • Dous contedores para radiografías e aerosois, de 300 litros.
  • Dous palés de pregar tipo big bag para vidro plano.

Para levar a cabo este complexo de reciclaxe e de recollida de residuos, tivéronse que realizar as seguintes obras: movemento de terras, urbanización e axardinamento, instalacións xerais, instalación dunha caseta de servizos de persoal e recepción, almacén de residuos especiais, almacén de RAAE, (sen cerramento e cunha cuberta de chapa metálica), cerramento perimetral e porta de acceso, colectores  e sinalización e por último obras de seguridade e saúde.

Eliminación de vertedoiros incontrolados

O punto limpo de Mos é unha proba máis da labor que está a desenvolver a Xunta, na súa loita por mellorar a xestión dos residuos a nivel autonómico e salvagardar os montes galegos da agresión dos vertidos incontrolados

Tal e como establece o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia (PXRSUG), o Goberno galego prevé duplicar esta rede ata 2020 para dar cobertura á totalidade dos habitantes, mellorando a actual que  beneficia un 74%da poboación. Para levar a cabo esta encomenda está previsto un presuposto de 21 millóns de euros, que se irá desenvolvendo ao longo destes anos, ata o vindeiro 2020.

A Xunta xa está traballando para acadar esta meta, pois prevese un aumento do 73% destas estacións pasando dos 132 puntos limpos actuais  aos 296. Actualmente, de feito, están en construción cinco novas instalacións máis: unha na provincia de Pontevedra, en Nigrán, dúas na provincia da Coruña,Fene e Sada, unha en Lugo,Trabada; e unha na provincia  de Ourense, A Veiga. Estas obras suporán un investimento de máis de 1,5 millóns de euros. No 2013 rematáronse as instalacións tanto de  Mos, como as de  San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras e Cervo.

 

 

A EDITORIAL GALAXIA OFRECE DE BALDE DENDE A SÚA WEB A DESCARGA DUN CAPÍTULO DA NOVA NOVEA DE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ BÍCAME, FRANK.

De novo protagonizada polo detective Frank Soutelo

Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de saír do prelo. Desta volta, o libro escollido é ‘Bícame, Frank’, a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo detective Frank Soutelo.
Dende un banner específico poderán descargarse algunhas páxinas en PDF así como acceder a información completa sobre o autor ou a obra, e posibilidades de compartir nas redes sociais.

Cámara de Comercio de Vigo

 

Postura de la Cámara de Comercio de Vigo en relación con la inminente resolución de la Comisión Europea sobre el anterior sistema de bonificaciones fiscales, conocido como “tax lease”

  • La institución cameral considera que la posible exigencia de la devolución de las bonificaciones fiscales supondría, en primer lugar, la desaparición irremisible del sector naval español.
  • Por otro lado, arrojaría una sombra de inseguridad jurídica sobre las contrataciones de éste y otros sectores en todo el ámbito de la Unión Europea, que ineludiblemente perjudicaría a un número difícilmente calculable de empresas de modo irreversible, provocando daños muy superiores a cualquier beneficio perseguido.

Vigo,  Ante la próxima reunión de la Comisión Europea del próximo día 17 de este mes, en la que se debatirá una resolución acerca de la posibilidad de exigir la devolución de ciertas bonificaciones fiscales a inversores en el sistema conocido como “tax lease”, la Cámara de Comercio de Vigo quiere, en primer lugar, mostrar todo su apoyo a un sector que resulta de la máxima importancia en el entramado económico y social que da soporte, no sólo a la ciudad de Vigo y su entorno, sino a toda Galicia y otras comunidades españolas, y que por razones históricas, culturales, técnicas y empresariales representa un pilar estratégico de nuestra industria.

 

La Cámara de Comercio de Vigo considera que la posible exigencia de la devolución de las bonificaciones fiscales antes mencionadas, tendría todo tipo de consecuencias negativas. En primer lugar supondría la desaparición irremisible del sector naval español. Pero las consecuencias irían más allá, ya que exigir devoluciones a las empresas internacionales beneficiarias del sistema -armadores, estructuradores e inversores- arrojaría una sombra de inseguridad jurídica sobre las contrataciones de éste y otros sectores en todo el ámbito de la Unión Europea, que ineludiblemente perjudicaría a un número difícilmente calculable de empresas de modo irreversible, provocando daños muy superiores a cualquier beneficio perseguido. Por otro lado, el tiempo transcurrido hace que muchos de los beneficiarios ya ni siquiera existan, por lo que la exigencia de una eventual devolución sólo serviría para perjudicar comparativamente a los que todavía se encuentren en activo, aumentando el agravio y resultando en una mayor injusticia que la que supuestamente se trataría de corregir.

 

La Cámara de Comercio de Vigo apoya la existencia de mecanismos que aseguren la libre competencia, y reconoce que corresponde a la Comisión Europea velar por la aplicación de estos mecanismos en el seno de la Unión Europea. Sin embargo, tales mecanismos no pueden suponer ni un freno ni un peligro para la propia actividad industrial en los países de la Unión y su aplicación no puede poner en cuestión el principio de seguridad jurídica que resulta fundamental en todos los aspectos de la vida ciudadana y especialmente en los relacionados con la actividad económica y empresarial

PORRIÑO CELEBRA LA FESTIVIDAD DE SAN BENITO

La programación dará comienzo mañana por la tarde con animación de calle y culminará el jueves, festividad, local con actos religiosos, la tradicional subasta y actuaciones musicales

 

O Porriño, 9 de julio de 2013.- Porriño, y especialmente el barrio de San Benito, celebra sus fiestas para honrar a San Benito este miércoles y jueves, 10 y 11 de julio.

Los actos darán comienzo mañana por la tarde, a partir de las 19.00 horas, con animación de calle y, por la noche, verbena a cargo de las orquestas Canela y Ritmo Joven.

Ya el jueves, festividad local, se celebrarán los actos religiosos que darán comienzo a las 09.00h, sucediéndose a las 10.00 y 11.00 horas en la capilla de San Benito, y a las 12.30 horas Misa Solemne en la Iglesia de Santa María y procesión hasta la plaza de San Sebastián. A continuación se realizará la tradicional subasta. La nota musical la pondrá la Banda de Música Municipal de Redondela que a las 10.30 horas realizará un pasacalles y luego a las 20.00 horas ofrecerá un concierto delante de la capilla. Ya por la noche, a partir de las 21.00 horas, la verbena estará amenizada por las orquestas Isla y Gran Atlanta.

Desde el Concello de Porriño, entidad colaboradora en la programación, desean a vecinos y visitantes unas felices fiestas y agradecen el trabajo y esfuerzo de la Comisión de fiestas de San Benito.

 

 

 

BENESTAR FINANCIA CON 50.000 EUROS O LABOR SOCIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE BANCOS DE ALIMENTOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio co presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos, José Pita Chento
  • Esta actuación complementa as iniciativas que está a levar a cabo o departamento autonómico en materia de inclusión social
  • Mato lembrou que se está a garantir con 1,5 millóns de euros as axudas a todos os albergues, comedores e centros de acollida de Galicia
  • Destacou que a Consellería, en global, está a destinar preto de 2,9 millóns de euros para as entidades de iniciativa social  

Santiago, 9 de xullo de 2013.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Bancos Alimentos, José Pita Chento, para axudar a financiar o labor social que desenvolve. En concreto, o departamento autonómico destinará 50.000 euros a esta entidade sen ánimo de lucro, constituída polos distintos bancos de alimentos que operan en Galicia. A achega de Benestar servirá para apoiar a actividade que fai esta federación en canto ao reparto de alimentos ás institucións ou entidades benéficas co obxectivo de que as persoas sen recursos poidan cubrir as súas necesidades alimenticias básicas.

Mato destacou que esta actuación complementa e reforza as iniciativas que a Consellería está a levar a cabo no eido da inclusión social. Neste senso, é preciso lembrar que este ano o departamento autonómico garantiu por primeira vez axudas a todos os albergues, comedores e centros de acollida de Galicia, aos que está a destinar 1,5 millóns de euros.

En global, o Goberno galego está a investir preto de 2,9 millóns de euros paras as entidades de iniciativa social en 2013, como resultado da unificación de tres ordes (albergues e comedores, programas para entidades de iniciativa social e para as persoas inmigrantes) nunha soa convocatoria, mantendo o orzamento global destinado a estes proxectos en 2012. A esta contía engádese agora os 50.000 euros dirixidos á Federación.

Así mesmo, Mato fixo fincapé na aposta pola inclusión social, a través do incremento doutras partidas destinadas a este fin. Así, resaltou que neste ano 2013 incrementouse o orzamento da RISGA nun 50 por cento, ata acadar os 35,3 millóns. Resaltou tamén que esta partida é ampliable. Tamén se incrementou o orzamento das AES nun 50 por cento con respecto ao ano pasado, ata os 4,5 millóns.

Por último, indicou que o proxecto da nova Lei de inclusión Social, que foi ratificado como un acordo do Diálogo Social, ten entre as súas principais novidades a posta en marcha dunha nova Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Afirmou que será flexible e modular, para adaptarse en cada caso e vincularase ao emprego, xa que a “verdadeira inclusión pasa por unha integración social e laboral plena”, subliñou Mato. Para conseguilo, entre outras modificacións, a RISGA dividirase a partir de agora en tres tramos: o persoal e familiar; o de inserción; e o de transición ao emprego.

Velada de Boxeo al aire libre en Vigo

descarga (4)  Velada de Boxeo que se celebrará en la Plaza de la Estrella – Vigo este Viernes 12 de Julio al aire libre.
II Torneo ISLAND CLUB – Organiza “La Vieja Escuela BOXING CLUB”
Colaboran: Puerto de Vigo y Deputación de Pontevedra
7 Combates estelares.
Comienzo de la Velada: 21:30 h.