A EDITORIAL GALAXIA OFRECE DE BALDE DENDE A SÚA WEB A DESCARGA DUN CAPÍTULO DA NOVA NOVEA DE MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ BÍCAME, FRANK.
De novo protagonizada polo detective Frank Soutelo
Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de saír do prelo. Desta volta, o libro escollido é ‘Bícame, Frank’, a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo detective Frank Soutelo.
Dende un banner específico poderán descargarse algunhas páxinas en PDF así como acceder a información completa sobre o autor ou a obra, e posibilidades de compartir nas redes sociais.