A XUNTA APROBA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM DE VIGO CO FIN DE MELLORAR AS CONDICIÓNS DE EDIFICACIÓN NO TERMO MUNICIPAL
- O ámbito da modificación ciñese ao solo urbano consolidado cualificados polas ordenanzas 3 e 4 que recolle o Plan Xeral da cidade viguesa
- A modificación puntual poisibilitará aos propietarios de soares poder edificalos, sen ter que incrementar a intensidade de uso do solo
- O Concello de Vigo dispón na actualidade dun PXOM aprobado parcialmente no ano 2008 e de xeito íntegro no 2009
Santiago, 9 de xullo de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM do Concello de Vigo. Esta nova orde afecta á alineación interior dos edificios de todo o termo municipal, e a súa aplicación ciñese concretamente ao solo urbano consolidado cualificados polas ordenanzas 3 e 4.
A modificación urbanística fundaméntase en razóns de interese público esixidas na LOUG e que se formulan co fin de posibilitar o dereito dos propietarios de solares en solo urbano consolidado de poder edificalos, sen ter que incrementar a intensidade de uso do solo prevista inicialmente no PXOM da cidade de Vigo.
A nova orde suprimirá o incremento de tres metros no fondo edificable para as parcelas cualificadas coas ordenanzas 3 e 4, e respecto da ordenanza 4 se permitirá modificar a dimensión do fondo edificable establecida para usos dotacionais ou terciarios.
Cómpre lembrar que a competencia para resolver sobre a Aprobación Definitiva das Modificacións de planeamento xeral lle corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 de Decreto 44/2012, de 19 de xaneiro.
Antecedentes
O Concello de Vigo dispón na actualidade dun PXOM aprobado parcialmente no ano 2008 e de xeito íntegro no 2009.
A presente Modificación Puntual foi acordada polo Concello vigués en xuño de 2012 e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental decidiu non someter a proposta ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.
O proxecto foi aprobado provisionalmente polo pleno municipal do 17 de decembro de 2012.