A XUNTA MOBILIZARÁ ATA 2020 MAIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS PARA ESTENDER A REDE DE PUNTOS LIMPOS AO 100% DA POBOACIÓN

  • A rede galega de puntos limpos aumentará un 73%, pasando dos 132 xa executados aos 296 previstos
  • O obxectivo deste programa é mellorar a xestión dos residuos a nivel autonómico e salvagardar os montes galegos da agresión dos vertidos incontrolados
  • O novo complexo de reciclaxe e recollida de residuos de Mos conta cun almacén de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos), ademais dun almacén destinado a residuos especiais; e 26 contedores

 

Santiago, 9 de xullo de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inspeccionou esta tarde o punto limpo situado no parque empresarial de Mos, posto en funcionamento desde os inicios deste mes, no que a Xunta investiu máis de 250.000 euros.

 

Nestes momentos existen en Galicia un total de 132 puntos limpos en diferentes concellos ao longo da comunidade galega: 50 na Coruña, 30 en Lugo, 21 en Ourense e 31 en Pontevedra. A finais de ano ascenderán a 137, unha vez rematados os que están en construción en Nigrán, Fene, Sada, Trabada e A veiga.

 

O conselleiro percorreu as instalacións de Mos acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo. Dispoñen de dúas plataformas a distinto nivel, separadas por unha zona de carga e descarga e co desnivel axeitado para facilitar a vertedura en colectores. A maiores cabe destacar o almacén de residuos especiais e a caseta de recepción,situadas ao lado co obxecto de evitar un menor desprazamento dos produtos dentro do recinto. Para completar a obra, dotouse este punto limpo dun almacén de RAAES (residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos); ademais de 26 contedores:

 

  • 6 Contedores abertos de 20m³ para madeira, metais, entullos voluminosos e plástico.
  • Un contedor metálico de roupa, de 3m³
  • Un contedor metálico para cartón, de 3m³
  • Un contedor tipo iglú para papel, de 2.500 litros.
  • Un contedor tipo iglú para envases, de 2.500 litros.
  • Un contedor de dobre caco (negro) para disolventes, de 600 litros.
  • Un contedor de dobre casco (verde) para aceites minerais, de 600 litros.
  • UN contedor de dobre casco /( laranxa) para aceites vexetais, de 600 litros.
  • Un contedor para pilas, de 20 litros.
  • Dous contedores  para fluorescentes, de 1. 400 litros.
  • Dous contedores para baterías de 650 litros.
  • Dous contedores para radiografías e aerosois, de 300 litros.
  • Dous palés de pregar tipo big bag para vidro plano.

Para levar a cabo este complexo de reciclaxe e de recollida de residuos, tivéronse que realizar as seguintes obras: movemento de terras, urbanización e axardinamento, instalacións xerais, instalación dunha caseta de servizos de persoal e recepción, almacén de residuos especiais, almacén de RAAE, (sen cerramento e cunha cuberta de chapa metálica), cerramento perimetral e porta de acceso, colectores  e sinalización e por último obras de seguridade e saúde.

Eliminación de vertedoiros incontrolados

O punto limpo de Mos é unha proba máis da labor que está a desenvolver a Xunta, na súa loita por mellorar a xestión dos residuos a nivel autonómico e salvagardar os montes galegos da agresión dos vertidos incontrolados

Tal e como establece o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia (PXRSUG), o Goberno galego prevé duplicar esta rede ata 2020 para dar cobertura á totalidade dos habitantes, mellorando a actual que  beneficia un 74%da poboación. Para levar a cabo esta encomenda está previsto un presuposto de 21 millóns de euros, que se irá desenvolvendo ao longo destes anos, ata o vindeiro 2020.

A Xunta xa está traballando para acadar esta meta, pois prevese un aumento do 73% destas estacións pasando dos 132 puntos limpos actuais  aos 296. Actualmente, de feito, están en construción cinco novas instalacións máis: unha na provincia de Pontevedra, en Nigrán, dúas na provincia da Coruña,Fene e Sada, unha en Lugo,Trabada; e unha na provincia  de Ourense, A Veiga. Estas obras suporán un investimento de máis de 1,5 millóns de euros. No 2013 rematáronse as instalacións tanto de  Mos, como as de  San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras e Cervo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: