BENESTAR FINANCIA CON 50.000 EUROS O LABOR SOCIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE BANCOS DE ALIMENTOS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio co presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos, José Pita Chento
  • Esta actuación complementa as iniciativas que está a levar a cabo o departamento autonómico en materia de inclusión social
  • Mato lembrou que se está a garantir con 1,5 millóns de euros as axudas a todos os albergues, comedores e centros de acollida de Galicia
  • Destacou que a Consellería, en global, está a destinar preto de 2,9 millóns de euros para as entidades de iniciativa social  

Santiago, 9 de xullo de 2013.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Bancos Alimentos, José Pita Chento, para axudar a financiar o labor social que desenvolve. En concreto, o departamento autonómico destinará 50.000 euros a esta entidade sen ánimo de lucro, constituída polos distintos bancos de alimentos que operan en Galicia. A achega de Benestar servirá para apoiar a actividade que fai esta federación en canto ao reparto de alimentos ás institucións ou entidades benéficas co obxectivo de que as persoas sen recursos poidan cubrir as súas necesidades alimenticias básicas.

Mato destacou que esta actuación complementa e reforza as iniciativas que a Consellería está a levar a cabo no eido da inclusión social. Neste senso, é preciso lembrar que este ano o departamento autonómico garantiu por primeira vez axudas a todos os albergues, comedores e centros de acollida de Galicia, aos que está a destinar 1,5 millóns de euros.

En global, o Goberno galego está a investir preto de 2,9 millóns de euros paras as entidades de iniciativa social en 2013, como resultado da unificación de tres ordes (albergues e comedores, programas para entidades de iniciativa social e para as persoas inmigrantes) nunha soa convocatoria, mantendo o orzamento global destinado a estes proxectos en 2012. A esta contía engádese agora os 50.000 euros dirixidos á Federación.

Así mesmo, Mato fixo fincapé na aposta pola inclusión social, a través do incremento doutras partidas destinadas a este fin. Así, resaltou que neste ano 2013 incrementouse o orzamento da RISGA nun 50 por cento, ata acadar os 35,3 millóns. Resaltou tamén que esta partida é ampliable. Tamén se incrementou o orzamento das AES nun 50 por cento con respecto ao ano pasado, ata os 4,5 millóns.

Por último, indicou que o proxecto da nova Lei de inclusión Social, que foi ratificado como un acordo do Diálogo Social, ten entre as súas principais novidades a posta en marcha dunha nova Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Afirmou que será flexible e modular, para adaptarse en cada caso e vincularase ao emprego, xa que a “verdadeira inclusión pasa por unha integración social e laboral plena”, subliñou Mato. Para conseguilo, entre outras modificacións, a RISGA dividirase a partir de agora en tres tramos: o persoal e familiar; o de inserción; e o de transición ao emprego.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: