A XUNTA E O MINISTERIO DE DEFENSA SUSCRIBEN DE NOVO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

  • A conselleira do Medio Rural e do Mar e o director xeral de Política de Defensa asinaron esta mañá en Santiago o acordo, continuando así con máis de 10 anos de colaboración
  • A Xunta destinará para este cometido case 550.000 euros e o Ministerio despregará efectivos militares

Santiago, 09 de xullo de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o director xeral de Política de Defensa, o Almirante Juan Francisco Martínez Núñez, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa para a prevención de incendios forestais na Comunidade. Á sinatura, levada a cabo na sede da Xunta, asistiu tamén o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

A Consellería destinará case 550.000 euros e dotará ás patrullas de dispositivos GPS adecuados coa correspondente cartografía dixital. Pola súa banda, o Ministerio despregará efectivos militares que patrullarán as distintas áreas forestais coa misión de vixiar os montes galegos e de disuadir aos posibles incendiarios.

Co acordo asinado hoxe activarase o plan de prevención o día 15 de xullo, e estará vixente ata o 15 de setembro.

Maior esforzo militar

Na campaña de prevención de incendios forestais do 2013, o Ministerio de Defensa aportará 25 patrullas terrestres ademais de helicópteros de vixilancia, en caso de situacións de alto risco.

 

Esta cantidade de operativos manterase cun nivel medio de risco, e aumentará ata un máximo de 50 patrullas terrestres máis un helicóptero cando o risco sexa alto, e ata 75 patrullas e 2 helicópteros cando sexa moi alto. A maior cantidade de efectivos concentrarase en Ourense, a provincia con maior risco de incendios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: