O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE PRESENTA A 13 EDICIÓN DO MARISQUIÑO, UN EVENTO DE CULTURA URBANA CO DEPORTE COMO FÍO CONDUTOR

  • Lete Lasa definiu O Marisquiño como a perfecta mostra do deporte urbano en emprazamentos públicos, capaz de atraer os mozos a unha vida máis “saudable e gratificante”
  • Vigo acollerá nos días 9, 10 e 11 de agosto a 13 edición do festival, que contará con once disciplinas deportivas

Vigo, 10 de xullo de 2013.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou esta mañá a 13 edición do Marisquiño, unha iniciativa situada no seo da urbe de Vigo que “conecta particularmente cun dos piares da filosofía de actuación da Secretaría Xeral para o Deporte: amosar e afianzar a práctica de actividade física e deportiva como parte da vida diaria e da cultura da poboación”, afirmou.

Lete Lasa resaltou que, tanto o deporte como a actividade física, constitúen un xeito eficiente de reducir “formas de ocio e cultura sedentarios”. Así mesmo explicou que este festival é “a perfecta ventá pola que amosar a Vigo 11 disciplinas deportivas ao alcance da nosa xuventude pola que gañala e atraela a unha vida máis saudable e gratificante” e transmitiu que “grazas ao deporte renovamos á cidadanía e á cidade”.

Para Lete, O Marisquiño é un exemplo de apoio a un urbanismo “máis solidario e integrador”, que ilustra a forma en que o deporte pode constituír “un elemento de dinamización de proxecto urbano, de creación de cohesión social e de mellora das condicións de vida dos habitantes das cidades”.

O programa do festival contará cunha decena de áreas

Nesta 13 edición, o festival integrará diversas disciplinas de deportes urbanos como skate, bmx, mountain bike, dirt jump, bboying, trial, freestyle motocross ou fingerboard. O evento, que terá lugar na cidade de Vigo os días 9, 10 e 11 de agosto, tamén incluirá na súa programación actividades como unha mostra de arte urbana e concertos. Ademais, por primeira vez na súa historia, incluirase categoría de competición feminina e a Copa do Mundo de mountain bike Dirt Jump.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: