“A devolución do Tax Lease suporía o despedimento de 17.000 traballadores e o peche de 8 estaleiros

jóvenessocialistasvigo  XSG: “A devolución do Tax Lease suporía o despedimento de 17.000 traballadores e o peche de 8 estaleiros                           

Os mozos e mozas socialistas participaron hoxe na mobilización en defensa do sector naval que partiu ás 20h da praza de España de Vigo

O secretario xeral, Aitor Bouza, reiterou que “se Almunia fai efectiva esta traizón a Galicia non ten outra saída que a dimisión”                                                                                                            Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo en defensa do naval e en contra da devolución do Tax Lease que “suporía o despedimento de 17.000 traballadores e o peche de 8 estaleiros en Galicia”.

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, lembraron “a nosa oposición á decisión de Almunia, xa que non entendemos como despois de ter sido un compañeiro do socialismo agora defende unha medida tan insolidaria”. “Como mozos e mozas socialistas galegos vémonos na obriga de denunciar esta postura xa que coñecemos de preto a situación do naval en Galicia”.

A Organización salientou que “por desgraza non é este o único problema de Galicia, un sector profundamente atacado pola Xunta, que non asume as súas responsabilidades”. “O único que fixo Feijóo co naval foi utilizalo para gañar unhas eleccións asegurando que tiña uns contratos con Pemex e que construiría un dique flotante do que hoxe aínda non se sabe nada”. Para Bouza “o fundamental é lograr carga de traballo para garantir o futuro dos estaleiros”.

Os mozos e mozas socialistas salientaron que “se Almunia di que as axudas ao sector naval son incompatíbeis coa UE, nós consideramos que o seu cargo é incompatíbel con el mesmo”. “Un suposto socialista que permitirá que máis de 90.000 traballadores fiquen sen emprego non pode dar ningún tipo de lección de moralidade”.

Bouza concluíu lembrando que “as XSG defendemos un modelo semellante ao francés, avalado por informes xurídicos e que sen dúbida ten moito máis de socialista que reclamarlle aos armadores galegos as axudas concedidas polo ‘tax lease’ por parte do goberno central”.

Alejandro Gesto Louro
Secretario de Comunicación das XSG

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: