Continúan os obradoiros estivais na Fundación Novacaixagalicia
Os centros socioculturais de Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Ferrol da Fundación Novacaixagalicia veñen desenvolvendo, desde a última semana do mes de xuño, unha serie de obradoiros como opción de lecer para a tempada estival. Estes achegan os máis pequenos, a través do xogo e da diversión, ao mundo da arte, da animación dixital e da banda deseñada. A inscrición pódese facer a través da billeteira telefónica no 902 504 500 e na web de Servinova, o servizo de teleticketing da fundación galega, en www.servinova.com.