OURENSE: XORNADA TÉCNICA SOBRE AS AXUDAS DO IGAPE Á INTERNACIONALIZACIÓN
A sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acollerá o próximo día 18 de xullo, a partir das 18 horas, unha xornada informativa específica sobre as axudas convocadas polo Igape para facilitar a internacionalización das Pemes.
O Igape ten convocadas axudas que van desde a organización de misións inversas por organismos intermedios, para localizar clientes ou aliados estranxeiros, ata os apoios a proxectos de prospección internacional ou de primeira implantación promocional no exterior (Programa Primex).
A xornada técnica de Ourense desenvolverase na sede da CEO, praza das Damas, 1.
|
|
www.igape.es |