ADXUDICADAS 7 NOVAS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA CONCELLOS DA PROVINCIA E SERVIZOS DEPENDENTES DA DEPUTACIÓN

diputacionpontevedraA Xunta de Goberno vén de adxudicar 7 novas bolsas de práctica laboral para titulados universitarios sen experiencia laboral previa. Os seleccionados desenvolverán a súa labor en servizos dependentes do organismo provincial así como en concellos da provincia por un período inicial de seis meses, que se poderá prorrogar por outros seis.

Con estas, son xa case 350 as bolsas adxudicadas que os mozos e mozas universitarios que ata o de agora non tiveran ocasión de ter un emprego relacionado coa súa formación, van a gozar desta primeira oportunidade no marco do plan co que a Deputación pretende abrir as portas do mercado laboral aos máis novos.

A distribución das 7 novas bolsas adxudicadas é a seguinte:

  • Gondomar: un titulado en historia
  • Mondariz: un titulado en xornalismo
  • Poio: un titulado arquitectura técnica
  • Salvaterra de Miño: un titulado en historia
  • Tomiño: un titulado en xestión e administración pública
  • Museo do Mar de Galiza: dúas para licenciados en historia da arte.

A través destas novas adxudicacións, a Deputación de Pontevedra segue traballando na creación de emprego na provincia e é mensaxe de esperanza para os mozos e mozas galegos, como así recordou o pasado mércores Rafael Louzán na recepción dos xa bolseiros, cunha mensaxe de ánimo, e co desexo de que a experiencia sexa proveitosa tanto para eles, para os concellos e servizos nos que traballan, e para a sociedade.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: