Archive | julio 15, 2013

TRABALLO CONVOCA 212 PRAZAS DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS PARA O SECTOR NAVAL

  • O Diario Oficial de Galicia publicará mañá esta convocatoria que forma parte do proxecto Empreganav para a inserción laboral de persoas desempregadas
  • Empreganav inclúe, entre as súas accións, a acreditación e certificación das competencias profesionais
  • En concreto, convócanse as prazas para fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e para soldadura
  • O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais a partir do martes

 

Santiago, 14 de xullo de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, nesta ocasión, centrada exclusivamente no sector naval. En concreto, convócanse 212 prazas dirixidas aos profesionais da industria auxiliar do naval nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e soldadura.

 

Esta iniciativa específica para o sector naval forma parte do proxecto Empreganav, que impulsa a Xunta co apoio do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG). Esta actuación, que ten como obxectivo último a recolocación das persoas desempregadas do sector naval, contempla, entre as súas diferentes accións, a acreditación e certificación das competencias profesionais. Polo tanto, esta convocatoria vai dirixida en exclusiva aos profesionais beneficiarios do proxecto Empreganav.

 

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, a partir do martes. As inscricións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.es

 

Para os candidatos admitidos, publicarase o lugar, data e horarios para o inicio da fase de asesoramento na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/ e na páxina web do proxecto FEAG-Empreganav, http://empreganav.com.

 

As persoas que demostren a súa competencia nestas cualificacións acadarán os respectivos certificados de profesionalidade. Trátase da quinta convocatoria que realiza a Consellería de Traballo e Benestar deste procedemento de recoñecemento das competencias profesionais, o que supón un avance de cara a acreditar de xeito oficial a experiencia profesional que teñen os traballadores e traballadoras galegos.

A DIRECTORA DE TURISMO DE GALICIA PERCORREU HOXE A RUTA TURÍSTICA EN TREN POLOS XARDÍNS DA CAMELIA

descarga (17)

A Ruta turística en tren polos Xardíns da Camelia xurde da colaboración entre Renfe e Turismo de Galicia, pode facerse en fins de semana alternos e inclúe traslados en autobús aos puntos de interese e un servizo de guía

El Grupo Brétema ha tomado unas merecidas vacaciones estivales, celebrando una cena de confraternidad como cada año

descarga (14) descarga (15) descarga (16)

Los componentes del Grupo Poético Brétema de Vigo, este año ha decidido comenzar sus vacaciones estivales tras un largo periplo de actuaciones por toda la geografía gallega, a mediados de mes de Julio, y no en agosto como viene haciendo habitualmente, este año es extraordinario ya que las altas temperaturas hace casi imposible que algunos de su miembros acudan a las reuniones de los viernes, ya que debido a su edad, es contraproducente aventurarse a salir de sus domicilios.
Como todos los años se despidieron la gran mayoría de los componentes con una cena de confraternidad, tan solo con el ánimo de pasar una velada agradable y lejos de los ámbitos literarios, bromeando y disfrutado de la buena compañía ante una agradable cena y una copa de buen vino.
El próximo día 6 de septiembre volverán a sus habituales actuaciones en lugares de interés para todos aquellos amantes de la buena poesía tradicional y la poesía en bis cómico y dramático.
El Grupo poético Brétema, continuara deleitándonos con su buen hacer, en todos aquellos Museos, Centros Culturales, lugares de esparcimiento, Ferias etc. Donde sea requerido.