A XUNTA E O MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE DESTINAN 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA O FOMENTO FORESTAL

  • As subvencións irán destinadas á constitución e ao inicio de actividade de Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) para 2013
  • Estas axudas atópanse dentro do programa de Desenvolvemento Rural Sostible

Santiago, 15 de xullo de 2013.- A Xunta e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente destinan 1,5 millóns de euros para o fomento forestal. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a constitución e o inicio de actividade de Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) e se convocan para o ano 2013. As subvencións financiaranse en etapas, destinando 700.000 euros para 2013 e 800.000 euros para 2014.

Os obxectivos destas subvencións son fomentar sistemas de xestión conxunta dos propietarios forestais, posibilitando unha axeitada xestión sostible para estas superficies que sexan de propiedade privada, acadando unha rendibilidade axeitada das propiedades forestais das persoas silvicultoras, reducindo o nivel de abandono do monte galego e diminuíndo o risco de incendios forestais.

Beneficiarios

Para as achegas á constitución dunha SOFOR poderán presentar solicitude as agrupacións de persoas propietarias forestais constituídas formalmente e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia, as entidades xurídicas que agrupen a estas asociacións cuxa finalidade sexa a xestión común dos recursos forestais e as SOFOR con inscrición previa no rexistro.

No caso das axudas para o inicio da actividade poderán presentar a solicitude aquelas SOFOR que xa teñan inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal (RSOFOR).

O prazo de presentación de solicitudes dará comeza mañá e finalizará o 31 de agosto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: