Xornal do Concello de Vigo


As novas instalacións de Apamp de Navia acollen preto de 120 usuarios en 4.000 metros cadrados

A Asociación de Persoas con Parálise Cerebral contan con con novas instalacións, situadas en 4.000 metros cadrados de superficie de Navia, froito dunha cesión municipal. Con servizos de residencia, centro de día e centro de tratamentos, ofrecen plazas para preto de 120 usuarios.

 


O Concello convenia o desprazamento gratuito en taxis para os usuarios do “Lecer no Verán”

Abel Caballero asinou este luns un convenio coa cooperativa de Taxis, Paso Vigo e a Fundación La Caixa para que as persoas con algunha discapacidade que participan no programa municipal “Lecer no Verán” gocen, por primeira vez, dos deprazamentos en taxi de balde.

 


Caballero salienta que Vigo “vive no deporte e na actividade saudable” na apertura dun novo ximnasio

O alcalde, a tenente de alcalde e concelleiros do goberno local acudiron este luns á inauguración do novo ximnasio Vivagym, en María Berdiales. Caballero informou que Urbanismo concedeu á empresa a licencia de actividade o pasado 11 de xullo.

 

Os secretarios comarcais dos tres sindicatos serán os pregoeiros no Día de Galicia en Vigo

O alcalde anunciou este luns a decisión, coa que o goberno de Vigo quere “que o Día de Galicia sexa de apoio e recoñecemento desde todo Vigo aos traballadores e traballadoras” polo seu “esforzo e sufrimento” nesta crise. Os responsables comarcais de UGT, CCOO e CIG serán os pregoeiros na xornada do 23 de xullo.

 


O alcalde recibe ao mozo vigués subcampeón do mundo en tenis en cadeira de rodas

Martín de la Puente Riobó é un deportista vigués que ven de obter a segunda posición no campionato mundial de tenis en cadeira de rodas. O alcade, quen mantivou un encontro con el na Alcaldía, eloxiou o entusiasmo e a actitude positiva deste tenista de 13 anos, 7º do ranking mundial da súa categoría.

 


“OS INKLINGS” – mostra bibliográfica

Durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra bibliográfica e audiovisual onde se recollen varios dos títulos máis destacados dos Inklings.Baixo este nome se atopa o círculo literario máis influínte do século XX formado por autores coma C.S. Lewis, o autor da saga de “Crónicas de Narnia” ou J.R.R. Tolkien, autor da saga “O señor dos aneis

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: