Concello de Vigo


Vueling comprométese a reforzar as liñas con Vigo durante a feira de Conxemar

Abel Caballero comunicou o compromiso de Vueling de reforzar liñas e horarios durante a celebración da feira de Conxemar, tal e como lle solicitara o Concello. Ao mesmo tempo, avanzou que xa está deseñado “un bo esquema de revitalización do aeroporto de Vigo”.

 


Érguete recibe 307.715 euros do Plan Municipal de Emprego para contratar a 37 persoas

Abel Caballero e a presidenta de Érguete, María del Carmen Avendaño, asinaron esta mañá un convenio para facilitar a contratación de 37 persoas no marco do Plan Municipal de Emprego. Cun importe de 307.715,25 euros, o acordo esténdese desde o 1 de abril ata o 31 de decembro.

 


O Concello instalará unha pantalla para seguir as celebracións do Cristo desde fóra da Concatedral

Caballero confirmou que este ano o Concello tamén porá unha pantalla para que a cidadanía que non poida acceder á Concatedral poida presenciar os actos desde fóra. Tras unha reunión cos responsables da Confraría, o alcalde apuntou que a revisión do percorrido da procesión terá lugar este mesmo martes.

 


O Percorrido Sensorial de Castrelos, galardoado pola Bienal Española de Arquitectura

Abel Caballero felicitou hoxe martes ás autoras do Percorrido Sensorial do Xardín Histórico de Castrelos, ao ser recoñecido entre os quince finalistas da XII Bienal Española de Arquitectura. Este proxecto, concebido para facilitar as visitas aos invidentes, foi elexido xunto a outros 14, entre 587 propostas.

 


Caballero asegura que o goberno local “potenciará todavía máis o deporte de base”

O alcalde felicitou este martes a un grupo de deportistas da cidade, todas mulleres, que veñen de conseguir éxitos en disciplinas como a esgrima, o ciclismo, a ximnasia acrobática e o atletismo. Abel Caballero avanzou que o Concello incrementará o apoio ao deporte vigués ante a caída do patrocinio privado

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: