O INNTERCONECTA II MOBILIZA CASE 153 MILLÓNS DE EUROS EN 79 PROXECTOS DE INNOVACIÓN GALEGOS
A segunda convocatoria do programa impulsado pola Xunta e o CDTI destina 74,3 millóns de euros a proxectos innovadores nos que participan 281 grupos de investigación e 292 empresas, case o triplo que na primeira edición
Foméntase o desenvolvemento de iniciativas que promoven a colaboración público-privada entre as administracións, os sectores produtivos e os axentes de innovación
Os resultados poñen de manifesto a crecente importancia da innovación en Galicia, e súmanse aos 61,5 millóns de euros mobilizados en 26 proxectos na primeira convocatoria.